Saltar navegación

5.2. Presentando o xornal ou revista dixital

Rúbrica

Neste apartado, contarás cunha rúbrica para que poidas avaliar os traballos finais que presentaron os outros grupos. A pesar de ser unha rúbrica pensada para a coavaliación, tamén pode empregarse de forma individual ou en grupo para facer unha valoración máis obxectiva do propio traballo. Ao empregala, poderedes analizar con maior detalle os puntos fortes do voso proxecto e os aspectos que aínda se poden mellorar.

Rúbrica de coavaliación das seccións
 Nivel 1. ExcelenteNivel 2. BoNivel 3. AceptableNivel 4. Insuficiente
Claridade na exposición 1A información está ben estruturada e é fácil de seguir. O volume, ritmo e entoación son axeitados e a lingua é correcta en todo momento. (2.5)A información está ben explicada e é comprensible na maior parte. O volume, ritmo e entoación son bos, con pequenos erros na lingua. (1.75)A información é comprensible, pero hai dificultades de ritmo, volume ou entoación que dificultan algo a súa comprensión. A lingua non sempre é adecuada. (1.50)A información non sempre se entende. Hai varios erros no ritmo, volume e entoación. A lingua non é adecuada. (1.25)
Organización e estrutura da presentación2A presentación segue unha orde lóxica e fluída. Non hai momentos de dúbida e, se os hai, son resoltos de inmediato co apoio do equipo. (2.5)A presentación está ben organizada e segue un fluxo coherente, sen demasiados problemas. Se hai dúbidas, son resoltas rapidamente co apoio do equipo. (1.75)A organización da presentación é algo confusa. Hai momentos de dúbida que non sempre se resolven de maneira clara. (1.50)A presentación carece de organización. Hai moitos momentos de dúbida que non se resolven adecuadamente. (1.25)
Interacción coa audienciaMantén contacto visual constante coa audiencia. Axústase á reacción do público (por exemplo, aumenta o volume ou cambia o ritmo). Responde as preguntas con claridade e precisión. (2.5)Hai bo contacto visual coa audiencia. Axústase ben á reacción do público e responde a maioría das preguntas de maneira clara e precisa. (1.75)Hai pouco contacto visual coa audiencia. Non se axusta ben á reacción do público, pero responde as preguntas de forma adecuada. (1.50)Practicamente non hai contacto visual coa audiencia. Non se axusta á reacción do público e non se responden ben as preguntas. (1.25)
Coñecemento e dominio dos contidosOs membros do grupo explican os seus contidos con total dominio, sen dúbidas e cunha gran seguridade. (2.5)Os membros do grupo explican os contidos de maneira clara, pero con algúns pequenos momentos de dúbida. (1.75)Hai momentos de dúbida ao longo da presentación, pero o grupo segue avanzando. (1.50)A presentación está chea de dúbidas e dificultades para continuar con fluidez. (1.25)
Creatividade e presentación visualO xornal ou revista é visualmente atractivo e está ben organizado. O deseño favorece a lectura e interpretación do contido, e invita á consulta. (2.5)O xornal ou revista é atractivo visualmente e ben organizado, o que facilita a lectura e interpretación da información. (1.75)O xornal ou revista non é moi atractivo, pero aínda pode ser consultado. O deseño permite comprender algúns contidos. (1.75)O xornal ou revista non é atractivo e presenta problemas de deseño que dificultan a súa lectura. (1.25)

Elaboración propia - Proxecto cREAgal. Rúbrica de coavaliación das seccións (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)