Diario de Aprendizaxe
Parabéns! Chegaches ao final da fase 2!
Agora que xa fixeches o repaso da gramática e dos signos de puntuación, estás un paso máis preto de converterte en xornalista.
O máis interesante está por comezar, pero antes de continuar nesta andaina cos teus compañeiros e compañeiras, é momento de completar o diario de aprendizaxe.
Xa sabes como traballar con el, así que seguro que che é ben doado completar as preguntas e as reflexións que atoparás nas súas páxinas!
Ánimo! Vémonos na fase 3!
Lectura facilitada
Xa cheguei ao final da fase 2!
Repasei a gramática e os signos de puntuación.
Pronto serei xornalista!
Agora teño que completar o diario de aprendizaxe.
Rsponderei as preguntas e as reflexións que atoparei nas súas páxinas!
Ánimo! Vémonos na fase 3!