Saltar navegación

Detectives da descrición

A importancia do detalle

Decatácheste de que para elaborar a túa historia anterior tiveches que contar como eran os personaxes e as personaxes, os lugares, os acontecementos, etc. 

Sabes que foi o que realmente fixeches? Elaborar unha historia a través de diferentes descricións que permitiron aos teus compañeiros e ás túas compañeiras implicarse na túa aventura. 

Neste apartado centraraste más especificamente en traballar os detalles máis importantes da descrición. 

Estás preparado ou preparada para non esquecer nada? 

Adiante!

MagaLugarAcción

Lectura facilitada

Cando fixeches a historia, explicaches ben os personaxes, os lugares e o que pasaba.

Agora, vamos centrarnos en describir mellor as cousas.

Estás listo ou lista para non esquecer nada?

Adiante!

Actividade 1. Detallando con "detalle"

As seguintes imaxes teñen moitos detalles que aos bos detectives e boas detectives non se lles escaparían xamais. 

Para esta actividade deberás escoller unha das imaxes e redactala no teu caderno con todo detalle. 

Ollo! Os teus compañeiros e compañeiras valorarán se che falta algún detalle. 

Prepárate para detectar todos os detalles!

QUE NEVEIRA MÁIS CHEA!

Neveira

ESTE CAMIÓN É ESPECIAL

Camión restaurante

UN PARQUE ACUÁTICO ESPECTACULAR

Parque acuático

UN BAR E UN RESTAURANTE? 

Bar restaurante

DESCANSANDO, DESCANSANDO

Sala de descanso

Lectura facilitada

As imaxes que vas ver están cheas de detalles.

Os bos detectives non deixan escapar nada.

Para esta actividade, eu vou escoller unha das imaxes.

Logo, vou escribila no meu caderno.

Debo describir todo con moito detalle.

Ollo! Os meus compañeiros e compañeiras van mirar se me falta algo.

Teño que prepararme para atopar todos os detalles.

Para facer unha descrición moi completa, podo facerme estas preguntas:

Que vexo? (As formas, as cores, cousas, persoas, animais, comida...).
Que oio? (Teño que usar a miña imaxinación e pensar que sons habería alí).
Que olores e sabores sinto? (Tamén coa miña imaxinación).
Que me fai sentir ese lugar? (Se me dá diversión, tristeza, preguiza, medo, curiosidade...).
Que está pasando ou que pode pasar alí?

Unha pequena axuda!

Velaquí tes algunha das preguntas que te podes formular para elaborar unha descrición o máis detallada posible:

  • Que se ve? (formas, cores, obxectos, persoas, animais, alimentos, etc).
  • Que se oe? (aquí terás que usar a túa imaxinación e situarte nese lugar para tratar de describir con claridade o que cres que oirías se estiveras alí). 
  • Que olores cres que se percibirían? E sabores?
  • Que sensación produce ese lugar (diversión, tristeza, preguiza, medo, curiosidade, etc).
  • Que pode estar pasando ou que cres que pode pasar?

Actividade 2. Xoga a completar a descrición.

Le a seguinte descrición e completa cos adxectivos que faltan. Para iso, fíxate moi ben nas imaxes que atoparás debaixo do mesmo. Son pistas, pero ten en conta que pode que non estean na orde correcta! Non todo vai ser tan fácil como pensas! Os bos e as boas detectives enfróntanse a grandes retos!

Ánimo!

Carlos ten unha mochila e . A súa mochila é moi e está sempre . Dentro garda un caderno , unha regra e un estoxo

Carlos é un neno moi e . Sempre axuda os seus amigos e amigas cando están ou . No recreo Carlos corre moi , pero o seu amigo Xoán é máis

Un día, Carlos atopou un can  na rúa. Como era moi , levouno á súa casa e lavouno. Agora, o can está

TristeAzulGrandeLentoAmableContentoPequeno

VermelloFelizLimpaBonitaEnfadadoLongoRápido

Activar JavaScript

A oralidade tamén é importante

Un bo ou unha boa xornalista, non só debe saber escribir con calidade, senón que tamén ten que ler e expresarse oralmente de igual maneira. 

Esta actividade que se che presenta aquí é unha actividade extra, é dicir, opcional. 

A proposta é a seguinte: gravar a descrición realizada na actividade 1 tratando de empregar aos teus mellores dotes como orador ou oradora, sendo consciente de cando se teñen que facer as pausas e as entoacións, é dicir, atendendo aos.... signos de puntuación! 

Que che parece a proposta? Todo un reto, eh!

Gravar

Lectura facilitada

Sei que un bo ou unnha boa xornalista ten que saber escribir ben.

Tamén ten que ler e falar con claridade.

Esta actividade que me propoñen é extra, é dicir, opcional.

Eu podo escoller facela ou non.

A idea é que grave a descrición que fixen antes.

Teño que usar a miña mellor voz para falar.

Debo ter coidado coas pausas e coa entoación.

Isto significa que prestarei atención aos signos de puntuación.

Parece un reto interesante para min.

Chega o momento de avaliar

Agora que tanto os teus compañeiros e compañeiras coma ti tedes as descricións máis que listas, chega o momento de avalialas. 

Para iso, baixo este texto atoparás unha rúbrica que che será moi útil para saber que puntuación outorgarlle aos diferentes textos que escoitarás ao longo da sesión. 

Estás preparado ou preparada para converterte en docente? 

Confiamos en que si!

Rúbrica

Avaliación entre compañeiros e compañeiras: como é esta descrición?
 Nivel 1. Inicio.Nivel 2. En proceso.Nivel 3. Ben.Nivel 4. Moi ben.
Presentación xeral (introdución)Non queda claro o que se describe nin que impresión causa. (2.5)Explícase o que se describe, pero sen moita claridade ou interese. (1.75)Preséntase claramente o obxecto/lugar/persoa e a impresión inicial. (1.50)A introdución é clara, atractiva e transmite unha impresión interesante. (1.25)
Detalles e característicasFáltanlle moitos detalles ou están desordenados. (2.5)Hai detalles, pero pouco variados ou algo repetitivos. (1.75)A descrición inclúe varios detalles ben organizados. (1.50)A descrición é moi rica, variada e organizada de xeito lóxico e creativo. (1.25)
Uso dos sentidos e adxectivosNon se usan adxectivos nin se transmite como é realmente. (2.5)Algúns adxectivos ou sensacións, pero sen profundidade. (1.75)Empregan adxectivos axeitados e descricións sensoriais. (1.50)Hai un uso excelente dos sentidos e vocabulario descritivo moi expresivo. (1.25)
Opinión ou remate finalNon hai conclusión ou non achega nada novo. (2.5)A conclusión é pouco clara ou repetitiva. (1.75)A opinión ou reflexión final está ben expresada. (1.50)A conclusión é orixinal, persoal e pecha moi ben a descrición. (1.25)

Elaboración propia - Proxecto cREAgal. Avaliación entre compañeiros e compañeiras: como é esta descrición? (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)