Glosario
Acolá
Definición:
Adverbio de lugar que se emprega para referirse a algo que está lonxe, pero que non sabemos con exactitude onde.
Exemplo:
Dame igual que a reunión sexa aquí ou acolá.
Emitir
Definición:
Enviar ou soltar algo, especialmente a través do aire ou por medio dalgún aparato. Xeralmente, emprégase este verbo ao falar de programas de radio ou televisión. Tamén se pode usar cando se fala de luz, sons ou gases que saen de algo.
Exemplo:
A radio emite música moderna todas as mañás.
Frondoso
Definición:
Adxectivo empregado para describir algo que ten moita follaxe, especialmente cando se trata de árbores ou plantas.
Exemplo:
Na escola temos unha carballeira chea de frondosos carballos.
Morriña
Definición:
Substantivo que se emprega para falar da sensación de tristeza ou sentimento de pena que se experimenta ao estar lonxe da nosa terra, da nosa familia ou das nosas xentes.
Exemplo:
Despois de sete meses vivindo fóra de Galicia, Alén sentiu morriña da súa terra.
Patrimonio
Definición:
Concepto que se refire a todo aquilo que forma parte da nosa historia e cultura e que queremos coidar e preservar para as próximas xeracións. Pode ser algo material (como un monumento) ou algo inmaterial (como as nosas tradicións, festas ou costumes).
Exemplo:
O patrimonio galego inclúe tanto antigos pazos e edificios como tamén os nosos costumes, festas ou romarías.
Poalla
Definición:
Chuvia miúda, que cae de xeito suave, sen grandes gotas.
Exemplo:
Esta poalla vainos estragar toda a colleita. Que mágoa!
Redes sociais
Definición:
Plataformas en Internet onde as persoas poden crear perfís, compartir información, fotos e vídeos, e comunicarse con xente de todo o mundo.
Exemplo:
Debemos ser moi coidadosos e coidadosas con todo o que publicamos nas redes sociais, porque todo o que se comparte pode ser visto por milleiros de persoas en todo o mundo.
Verificar
Definición:
Comprobar ou revisar algo para asegurarse de que é correcto ou está ben feito.
Exemplo:
Antes de entregar un traballo é moi importante verificar que non haxa faltas de ortografía nin erros na presentación.


Recorda que podes visitar a biblioteca do teu centro en busca de xornais físicos. 



