Saltar navegación

O noso xornal físico

Creando un xornal de aula en formato físico!

Agora que xa aprendiches sobre as diferentes tipoloxías textuais chega o momento de deterse un segundo a pensar para que nos serviu todo o traballado. 

Faste unha idea? Efectivamente! É o momento de poñelo en práctica da forma máis divertida: creando un xornal en papel. 

Este xornal será elaborado por ti e polos teus compañeiros e compañeiras. Nel incluiranse cousas interesantes da clase, da escola, da vida diaria...E mesmo haberá espazo para dar pé á creatividade. 

Cada sección do xornal estará formada por un tipo de texto diferente, pero acouga, que todos foron traballados!

Estás preparado? Estás preparada? 

Vamos cos pasos a seguir!

PapelPensarXornalTraballo en grupo

Lectura facilitada

Agora que sabes sobre os diferentes textos, é hora de usar todo o aprendido.

Vamos facer un xornal en papel.

O xornal será elaborado por ti e polos teus compañeiros e compañeiras.

Poremos cousas interesantes da clase, da escola e da vida.

Tamén poremos cousas creativas.

Cada parte do xornal terá un tipo de texto diferente, pero non te preocupes, xa traballamos todos os tipos.

Preparado, preparada? 

Vamos cos pasos a seguir.

Seccións do noso xornal físico

Un xornal debe ser diverso, e captar a atención de diferentes tipos de persoas e, o da túa clase seguro que será o máis interesante que se fixo en toda a historia da túa escola.

Porén, para realizalo correctamente, é moi importante ter claro que seccións se deben incluír no mesmo. 

Sección deportiva (textos expositivos)

DeporteXimnasio

Neste apartado recolleranse todas as novidades relacionadas co deporte na nosa escola. 

Poderase falar dos partidos que se xogan nos recreos, das competicións entre os diferentes cursos, dos torneos de fútbol (e de baloncesto, balón prisioneiro ou calquera outro deporte que triunfe no teu centro). 

Tamén se poden contar aquelas actividades deportivas especiais que se celebran fóra do centro, como son as carreiras escolares ou os encontros deportivos con outros centros. 

Que tes que facer se che toca esta sección? 

1. Escolle unha ou dúas actividades deportivas que che gustaría destacar. Podes escoller aquelas nas que participaches ti ou os teus compañeiros e compañeiras. Por exemplo: un partido de fútbol no recreo, un torneo de brilé entre 5º e 6º, unha carreira popular na vila ou unha competición de xogos populares.

2. Escribe un pequeno texto informativo no que contes:

  • Que actividade foi? (fútbol, baloncesto, balón prisioneiro, carreira, xogo da corda). 
  • Cando se celebrou (día e hora). 
  • Quen participou (os cursos, equipos ou persoas que xogaron).
  • Cando se desenvolveu a actividade (se foi divertida, se houbo moita emoción, se foi un partido igualado…).
  • Como rematou (quen gañou ou se houbo empate, se fixestes entrega de medallas ou diplomas, se quedastes con ganas de repetir…).

3. Engade fotos, debuxos ou unha pequena táboa, se é posible. 

  • Unha foto dos equipos antes de comezar o partido. 
  • Un debuxo dun momento especial do encontro. 
  • Unha táboa onde se vexan os resultados dos partidos ou as puntuacións. 

Sección de receitas (textos instrutivos)

Neste apartado vamos converter o noso xornal nun receitario cheo de ideas deliciosas!

Receitario

Podes escribir a receita dunha sobremesa que che guste moito, dunha merenda especial ou dun prato que prepares na casa coa túa familia.

Tamén podes inventar unha receita nova e darlle un nome divertido e orixinal.

Que tes que facer se che toca esta sección? 

1. Escolle unha receita que queiras compartir. Pode ser unha sobremesa (tortas, galletas, flan…), un almorzo rico, unha bebida refrescante ou incluso unha receita salgada.

Recomendar

2. Pon un título orixinal e atractivo. 

Escribir o nome

3. Escribe a lista de ingredientes que se precisan para facer a receita. Lembra indicar as cantidades!

Ingredientes

4. Redacta os pasos que hai que seguir para preparar a receita. Faino de maneira clara e ordenada, numerando cada paso, para que calquera compañeiro ou compañeira poida facela na casa sen problema.

Receita

5. Coida a ortografía e a presentación. Lembra revisar as palabras, poñer maiúsculas onde corresponda e usar signos de puntuación. Se queres, podes engadir debuxos ou fotos da receita.

Revisar

6. Podes incluír un consello ou curiosidade ao final.

Contando historias (textos narrativos)

Neste apartado podes inventar unha historia curta: pode ser divertida, de medo, de aventuras ou incluso baseada en feitos reais. A idea é converterse en escritores ou escritoras.

Que tes que facer se che toca esta sección?

1. Pensa unha boa idea para a túa historia.

  • Que vai pasar? Unha viaxe ao espazo, unha casa encantada, unha carreira no fondo do mar, un día de neve en agosto…
  • A quen lle pasa? Pode ser a ti, a un amigo/a, a un personaxe inventado ou mesmo a un animal con poderes máxicos.
  • Por que lle pasa? Ten poderes máxicos, toma unha poción descoñecida, cae por un burato. 

Conto

2. Organiza a túa historia. 

  • Introdución: Presenta os personaxes e o lugar onde sucede a historia. Por exemplo: “Había unha vez unha nena chamada Sara que vivía nunha pequena casa rodeada de bosques…”
  • Desenvolvemento: Conta o que sucede, cal é o problema ou a aventura. Por exemplo: “Un día, Sara escoitou un lamento no bosque e decidiu ir investigar…”
  • Final: Como remata a historia? Soluciona o problema, pecha a aventura ou deixa un final sorprendente e aberto, para que os lectores e as lectoras deixen voar a súa imaxinación. 

InstroduciónTextoFinal

3. Usa verbos no pasado para contar o que pasou e introduce descricións para facer a túa historia máis interesante.

4. Revisa a ortografía e a puntuación para que se entenda ben todo o que escribes.

Revisar

5. Ilustra a túa historia cun debuxo que represente o momento máis emocionante ou os personaxes principais.

Debuxar

Adiviña o que (textos descritivos)

Neste apartado imos practicar a nosa capacidade de observar e describir con palabras. A idea é que escollas algo ou alguén que che guste ou che chame a atención e escribas un texto no que contes como é, de xeito que calquera persoa que lea poida imaxinalo na súa cabeza sen velo.

Que tes que facer se che toca esta sección?

1. Escolle ben o que vas describir. Pensa nun lugar, persoa ou cousa que coñezas ben ou que che resulte interesante.

Observar

2. Observa con atención e anota nun papel todos os detalles que poidas.

  • Como é? (cor, tamaño, forma, materiais…)
  • Que aspecto ten? (se é suave, brillante, antigo, novo…)
  • Que che fai sentir? (alegría, tranquilidade, medo, emoción…)
  • No caso de que sexa unha persoa: como se comporta, como fala, que lle gusta facer…

Anotar

3. Organiza o texto para que sexa fácil de ler e para que a persoa que o lea poida imaxinar perfectamente o que estás describindo. 

  • Presentación do que vas describir.
  • Descrición das súas características físicas.
  • Descrición do que che fai sentir ou por que é importante para ti.

Organizar

4. Utiliza adxectivos para facer a descrición máis rica e interesante.

Descrición

5. Revisa a ortografía e a puntuación.

Revisar

A nosa opinión (texto argumentativo)

Neste apartado imos aprender a expresar a nosa opinión por escrito, é dicir, contar o que pensamos sobre un tema e explicar por que opinamos así. É importante aprender a dar a nosa opinión de maneira ordenada, con argumentos e respectando sempre as ideas dos demais.

Que tes que facer se che toca esta sección?

1. Escolle un tema sobre o que teñas, tanto ti como os teus compañeiros e compañeiras, unha opinión clara. Por exemplo: “É mellor traballar en grupo ou individualmente?”, “Debería haber deberes todos os días?”, “Merecemos máis tempo de recreo?”.

Elexir

2. Escribe a idea principal. No primeiro parágrafo, conta de forma clara o que pensas sobre ese tema.

Escribir

3. Dá 2 ou 3 razóns para defender a túa idea. Explica por que pensas iso, poñendo exemplos ou argumentos que convenzan aos demais. 

Defender

4. Remata cunha conclusión ou cunha proposta. Pecha o texto resumindo a túa idea ou facendo unha suxestión.

Pensar

5. Revisa a ortografía e a presentación antes de rematar.

Revisar

Lectura facilitada

Un xornal debe ter cousas diferentes e debe gustar a moita xente.

O xornal da túa clase vai ser moi interesante.

Para facelo ben, é importante saber que partes debe ter:

Sección deportiva

Nesta parte falamos das actividades deportivas da escola.

Que facer se che toca esta parte?

Elixe unha ou dúas actividades deportivas que che gusten.

Escribe sobre:

Que fixeches.

Cando se fixo.

Quen participou.

Como foi.

Como rematou.

Pódese engadir fotos ou debuxos.

Sección de receitas

Nesta parte, imos poñer receitas.

Que facer se che toca esta parte?

Elixe unha receita que che guste.

Pon un título.

Escribe os ingredientes.

Escribe os pasos para facela.

Coida a ortografía e presentación.

Pódese engadir fotos ou debuxos.

Contando historias

Neste apartado, imos inventar historias curtas.

Que facer se che toca esta parte?

Pensa unha historia.

Organiza a historia en tres partes:

Quen e onde.

Que pasa.

Como remata.

Usa verbos no pasado.

Coida a ortografía.

Pódese engadir un debuxo.

Adiviña o que

Neste apartado, imos describir algo ou alguén para que a outra persoa o poida imaxinar.

Que facer se che toca esta parte?

Escoller o que vas describir.

Describir ben como é.

Organizar a descrición para que sexa fácil de ler.

Usar moitos adxectivos.

Revisar a ortografía.

A nosa opinión

Neste apartado, imos dar a nosa opinión e explicar por que pensamos así.

Que facer se che toca esta parte?

Elixe un tema.

Escribe o que pensas.

Dá 2 ou 3 razóns para defender a túa idea.

Remata cunha conclusión.

Coida a ortografía.

Preparación final.

Cando estean listas todas as seccións, toca montar o xornal:

  • Revisa a ortografía e a presentación de cada texto.
  • Pasa a limpo os contidos.
  • Decora cada sección con debuxos, marcos ou cores.
  • Organiza as páxinas e encaderna o xornal en papel.
  • Podes empregar cartolina, papel de cores, revistas para recortar, ou mesmo combinar textos impresos con elementos feitos a man.

RevisarEscribirDebuxoOrganizarDecorarCartolina

Conclusión final

Este xornal será un exemplo do teu traballo e do dos teus compañeiros e compañeiras, da creatividade e do aprendido. Será un recordo especial e tamén unha forma de compartir con outras persoas o que facedes na aula.

Animádevos a poñerlle título ao xornal, facer unha portada orixinal e gozar do proceso en equipo!

CompartirCreatividadeGozarXornalTraballo en grupo

Feito con eXeLearning (Nova xanela)