Saltar navegación

1. Que pasa coa nosa fala?

 

Glosario

Ávida

IlusiónDefinición: 

Dito dunha persoa que ten moitas ganas ou desexo de algo. 

Exemplo:

Xoán está ávido de coñecemento, non para de facer preguntas!

Difusión

Compartir unha ideaDefinición: 

Proceso a través do cal se transmite algo a diferentes lugares. 

Exemplo: 

A nova de que estaba enferma difundiuse por toda a cidade. 

Divulgación 

InformaciónDefinición: 

Acción de compartir información de forma sinxela para que todo o mundo a comprenda e, deste xeito, poida aprender.

Exemplo: 

No Día da Nena e da Muller na Ciencia fomos á biblioteca a por un libro de divulgación científica. 

Medio de comunicación

Gabinete de prensaDefinición: 

Canle a través da cal se comparte información con moitas persoas. 

Exemplo:

La Voz de Galicia é un medio de comunicación. 

Sentido crítico

PensarDefinición: 

Habilidade que ten unha persoa para cuestionar a información que recibe, valorando a mesma. 

Exemplo: 

Usar o sentido crítico axúdache a tomar decisións máis sabias e a non deixarte enganar. 

Tipoloxías textuais

TextoDefinición: 

Diferentes formas nas que se poden organizar os textos segundo o seu obxectivo. 

Exemplo: 

Os contos, as descricións, as entrevistas e as fábulas son tipoloxías textuais diferentes. 

Xéneros discursivos

ComunicarDefinición: 

Diferentes tipos de textos que empregamos para comunicar algo segundo o que queremos expresar. 

Exemplo: 

Os anuncios publicitarios son un xénero discursivo.

A prensa galega en perigo!

A prensa galega corre perigo. Cada vez son menos os xornais e as revistas escritas en lingua galega. Esta é unha problemática a que debemos enfrontarnos, e sobre que temos que reflexionar. Como é posible que un dos xornais máis importantes de Galicia, La Voz de Galicia, teña a gran maioría de noticias publicadas en lingua castelá? 

Por que non lle botas unha ollada ás seguintes novas? Todas elas proceden de diferentes medios xornalísticos de Galicia (La Voz de Galicia, El Salto, ABC Galicia).

El gallego es minoritario por primera vez en Galicia y desconocido para un tercio de los niños. 

El uso del castellano se asienta frente al del gallego entre las nuevas generaciones.

"Hai que querer falar a lingua galega" 

Que cres que teñen en común? Hai algo que te chame a atención?

Tal e como seguro que comentaches cos teus compañeiros e compañeiras, o que estes tres titulares teñen en común é que denuncian a situación precaria do galego sen facer uso do mesmo.

O galego está a desaparecer pouco a pouco, perdendo cada día futuras xeracións de falantes. Un dos eidos nos que está a desaparecer, é o eido xornalístico, tal e como podes observar nas seguintes novas recollidas no diario NósDiario, o único xornal de Galicia que segue a publicar en galego. 

O Colexio de Xornalistas lembra que o xornalismo tamén é "esencial para a supervivencia do galego" 

Amega publica unha guía sobre a historia dos medios en galego

Agora que xa sabes a situación que están a vivir os medios de comunicación galegos, é o momento de pensar que podes facer cos teus compañeiros e compañeiras para afrontar a esta problemática. 

Que che parece se nos transformamos todos e todas en xornalistas? Persoas dispostas a escribir en galego, contribuíndo á difusión e ao uso da nosa lingua, a través da divulgación de diferentes novas.

XornalistaXornalistaNoticiaGalicia

O noso centro educativo é do máis interesante… Sempre están pasando cousas! Asemade, a xente é ben curiosa, sempre ávida de noticias.

Que pode haber máis interesante que elaborar o noso propio xornal onde incluír non só as novas que acontezan no centro, senón todo tipo de información?

Lectura facilitada

A prensa en galego está en perigo.

Cada vez hai menos xornais e revistas que o usen. 

Fíxate ben nas seguintes noticias de diferentes xornais galegos.

Que teñen en común? Sorpréndeche algo?

Todas as novas denuncian que o galego está en perigo, pero non usan o galego.

A lingua galega está a desaparecer.

Un dos lugares onde máis se está perdendo é nos xornais.

O único que segue publicando en galego é NósDiario.

Que podemos facer para cambiar isto?

Que tal se nos convertésemos en xornalistas que escriben en galego? 

Por onde comezar?

Converterse en xornalistas non é doado, por iso, che propoñemos que lle botes unha ollada á biblioteca do teu centro! Seguro que atoparás algún xornal que vos sirva, a ti e aos teus compañeiros e compañeiras, como exemplo para ir coñecendo a estrutura do mesmo! 

XornalBiblioteca

Que vas aprender?

Nesta unidade aprenderás a: 

Meta

  1. Coñecer a situación real da lingua galega, así como a súa comparativa en relación coa castelá. 
  2. Coñecer a estrutura dos diferentes tipos de textos. 
  3. Elaborar diferentes tipos de textos en función da súa estrutura e intención comunicativa. 
  4. Coñecer os diferentes medios de comunicación. 
  5. Identificar os riscos presentes nas redes sociais, así como os seus aspectos positivos. 
  6. Construír relacións positivas a través do manexo e tratamento de información a través do uso das tecnoloxías da comunicación. 

Lectura facilitada

Ao final do reto conseguirás: 

Coñecer como está a lingua galega hoxe en día e comparala coa lingua castelá. 

Saber como son as estruturas dos diferentes tipos de textos. 

Saber escribir diferentes tipos de textos segundo o que queremos comunicar. 

Coñecer os diferentes medios de comunicación. 

Saber os riscos e os aspectos positivos das redes sociais. 

Aprender a usar ben as tecnoloxías para ter relacións positivas e manexar información.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)