Saltar navegación

1.1. Antes de comezar é ben reflexionar

Reflexionando sobre a lingua

Tal e como viches no apartado anterior, o galego atópase nunha situación de vulnerabilidade, especialmente no seu uso nos medios de comunicación de Galicia.

Tendo a sorte de vivir nunha comunidade autónoma bilingüe, como é posible que non contribuamos ao uso de ámbolos idiomas por igual? 

Por que cres que os medios de comunicación inclinan a balanza cara ao emprego da lingua castelá? 

En pequenos grupos, comenta cos teus compañeiros e compañeiras cales son as razóns que motivan aos medios de comunicación de masas galegos a facer uso do castelán nas súas novas destinadas a informar á poboación galega. 

Despois da lectura das novas anteriores, está claro que o galego está nunha posición prexudicial nos medios de comunicación da nosa comunidade autónoma. Por isto mesmo, atópase nunha situación de vulnerabilidade. 

Lectura facilitada

O galego está pasando un mal momento. 

Vivimos nun lugar onde se fala galego e castelán.

Pero na televisión, na radio e nos xornais fálase máis castelán. 

Comenta cos teus compañeiros e compañeiras porque cres que sucede iso.

Unha bibiblioteca en prol do galego?

Seguro que tras a túa visita á biblioteca do centro atopaches moitos xornais que che servirán de inspiración para o futuro proxecto que vas desenvolver cos teus compañeiros e compañeiras. 

Porén, cantos deses xornais están escritos en lingua galega? Cantos deles en lingua castelá? 

Ocorréuseche reflexionar ao respecto mentres os analizabas? Aproveita para comentar coa túa clase o teu parecer. 

Traballo en grupo

O único galego mal falado é o que non se fala

É ben sabido que o único galego mal falado é o que non se fala

Que opinas desa oración? Estás de acordo? 

Velaquí tes un vídeo onde se recolle a opinión de diferentes persoas en relación ao uso do galego.

FalarDespois de observar o vídeo, chega o momento de reflexionar cos teus compañeiros e compañeiras: 

  • Que é para ti o galego normativo?
  • Consideras que fas uso dun galego normativo?
  • Cres que o galego normativo é importante?
  • Cres que hai xente que non fala galego por medo a non falalo ben? 

Lectura facilitada

Pensei moito na idea de que o único galego mal falado é o que non se fala.

Estou totalmente de acordo con esa afirmación.

Para min, o máis importante é que usemos a lingua galega.

Vin o vídeo da Televisión de Galicia sobre o galego normativo.

Reflexionei moito sobre o galego normativo.

Para min, o galego normativo son as regras que fan que nos entendamos todos.

Sinto que non sempre falo un galego totalmente normativo.

Creo que o galego normativo é moi importante para a nosa lingua.

Serve para que o galego sexa unha lingua forte e seria.

Penso que si, moita xente non fala galego por medo a cometer erros.

Gustaríame que ninguén tivese medo de falar galego.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)