O reto ao que enfrontarse
A situación da lingua galega está en perigo.
Como galegos e galegas é parte do noso labor facer uso da nosa lingua co obxectivo de contribuír á difusión e á perdura da mesma.
Tal é como viches no punto anterior, os medios de comunicación, son un elemento de difusión de información fundamental, que está ao alcance de todo o mundo. Nas revistas e nos xornais de Galicia faise cada vez menos uso do galego.
Para contribuír e poñer solución a iso... Que che parece, xunto cos teus compañeiros e compañeiras, a idea de elaborar un xornal escolar exclusivamente en lingua galega?
Non hai mellor modo de iniciar o cambio, que comezando por un ou unha mesma.
Estás preparado e preparada para converterte en xornalista e promover o uso da nosa lingua a través de diferentes novas que esperten o interese do resto da túa escola? Imos!
Lectura facilitada
A nosa lingua está en perigo.
Co seu uso axudamos a que non se perda.
Nos xornais e nas revistas cada vez se fai menos uso dela.
Que che parece facer un xornal en galego cos teus compañeiros e compañeiras?
Estás preparado e preparada para ser xornalista e falar na nosa lingua?
Imos!



Temos claro que non é un reto doado pero... Tranquilidade!




Ao chegar á fin da nosa viaxe, serás quen de...