Agora só che queda darlle algo de forma, engadir algún detalle máis e listo! Para iso terás que acudir ao teu caderno, onde, de forma ordenada, deberás seguir a estrutura do texto narrativo e cumprir coas opcións escollidas na actividade anterior.
Logo, podes compartila co resto dos teus compañeiros e compañeiras, que serán os encargados e as encargadas de avaliar a túa narración, igual que ti as súas, a través da rúbrica que se che amosará a continuación.
Recorda engadir: presentación, nó e desenlace.
Lectura facilitada
Agora debo darlle forma á miña historia.
Teño que engadir algúns detalles máis.
Para iso, irei ao meu caderno.
Alí vou seguir a estrutura dun texto narrativo.
Tamén vou cumprir co que escollín antes.
Despois, poderei compartir a miña historia cos compañeiros.
Eles van avaliar o meu traballo.
Eu tamén avaliarei as súas historias.
Usaremos unha rúbrica para iso.
Debo lembrar engadir a presentación, o nó e o desenlace.
Cando a miña historia estea lista, podo facer algo máis.
Podo gravar a miña historia.
Así, convertereina nun libro de escoita.
Deste xeito, os nenos e nenas que non poidan ler terán acceso a ela.
A miña historia marabillosa será para todos e todas.
Vou pensar nisto.
Se me animo, falarei co meu mestre ou mestra.
Audio
Un paso máis aló
Unha vez a historia estea lista, seguro que podes ir un paso máis aló.
Anímaste a gravar a túa historia e convertela nun libro de escoita? Así, todos aqueles nenos e todas aquelas nenas que, polo motivo que sexa, non poidan ou non saiban ler, terán acceso á túa marabillosa historia,
Pénsao e, se te animas, coméntao co teu mestre ou coa túa mestra!
Rúbrica
Rúbrica de coavaliación de creación dunha narración
Nivel 1. Inicio.
Nivel 2. En proceso.
Nivel 3. Ben.
Nivel 4. Moi ben.
Estrutura da narración
Non hai orde clara ou falta unha parte. (2.5)
Hai principio, desenvolvemento ou final, pero pouco definidos. (1.75)
Ten principio, desenvolvemento e final claros. (1.50)
A narración está moi ben estruturada, cunha orde clara e fluída. (1.25)
Personaxes e lugar
Fáltanlle personaxes ou non se describe o lugar. (2.5)
Hai personaxes e lugar, pero sen detalles. (1.75)
Describen ben os personaxes e o lugar da historia. (1.50)
Os personaxes e o lugar están moi ben descritos e enriquecen a historia. (1.25)
Conflito e accións
Non hai un conflito claro ou apenas hai accións. (2.5)
Hai un conflito pero as accións non están moi desenvolvidas. (1.75)
O conflito é claro e as accións están ben explicadas. (1.50)
O conflito é interesante, ben desenvolvido e as accións están moi ben conectadas. (1.25)
Creatividade e interese
A historia resulta aburrida ou pouco orixinal. (2.5)
A historia é sinxela, con pouca creatividade. (1.75)
A historia é interesante e ten detalles creativos. (1.50)
A historia é moi creativa, orixinal e engancha dende o principio. (1.25)
Elaboración propia - Proxecto cREAgal. Rúbrica de coavaliación de creación dunha narración(CC BY-NC-SA)