Tes todo o que precisas?
Agora, si que si, xa viches todas as tipoloxías textuais.
Detente un segundo a pensar en todo o que aprendiches ata o momento. Consideras que estás preparado ou preparada para iniciarte como xornalista? Ou talvez aínda quede algo máis que practicar?
Comprendiches todo ben? De non ser así, non dubides en erguer a man e preguntar calquera dúbida ante os teus compañeiros e as túas compañeiras. É importante resolver todas as cuestións que teñas antes de comezar coas tarefas.
Entender é saber facer as cousas ben.
Agora, se todas as dúbidas están resoltas, a continuación preséntanseche as próximas actividades a realizar.
Ánimo, ti podes!

Lectura facilitada
Xa aprendiches moitas cousas.
Estás listo ou lista para ser xornalista?
Ou queres practicar un pouco máis?
Se tes algunha dúbida, pregunta.
É importante entender todo antes de empezar.
Se todo está claro, seguimos coas actividades.
Ánimo! Ti podes!