Saltar navegación

Poñendo en práctica o aprendido

Reforzando e aplicando

Agora que xa sabes a importancia da coherencia, da cohesión e da adecuación, chega o momento de poñer en práctica o aprendido no punto anterior. 

Como bo e boa xornalista deberás dominar tan importantes conceptos. 

Estás preparado e preparada?

A continuación atoparás tres actividades das que deberás escoller unha para a súa realización. 

Moito ánimo! Xa estás un pasiño máis preto do teu obxectivo final! 

Ti podes!

OPCIÓN A: Que é o que falta? Ordena as oracións

Le as oracións e ordénaas para formar un texto con sentido. 

  • O sábado pola mañá fixemos as maletas para ir de viaxe a Portugal.
  • Ao chegar, instalámonos nun hotel preto da praia.
  • Pasamos o día paseando pola vila, sacando fotos e probando a comida típica: eu comín peixe con patacas e estaba delicioso.
  • Pola tarde fomos ver o mar; a auga estaba moi fría, pero metín os pés igualmente.
  • A miña irmá perdeu unha zapatilla na area e tivemos que volver ao hotel buscala.
  • Antes de regresar á casa, compramos un chaveiro bonito para regalarlle ao noso avó.
  • Foi unha viaxe curta, pero moi divertida!

Comprobar

Correcto!

2025410122259-120
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada

A resposta correcta é:

OPCIÓN B: Para entender. Escolle a opción correcta

Pregunta

1. Na fin de semana fomos á praia. A miña avoa fixo un xiro coa súa bicicleta e caeu. Despois fixemos un castelo na area. Era un día fermoso e fixo moito calor. A miña nai está a facer unha torta de mazá. Fun ao mar e nadei moito. 

Respostas

Coherencia

Cohesión

Adecuación

Retroalimentación

Pregunta

2. Meu irmán Xabi xogou co ordenador. Comemos un bocadillo ben rico. Viñeron uns amigos e fomos á piscina. Encántame o parque.

Respostas

Coherencia

Cohesión

Adecuación

Retroalimentación

Pregunta

3. Fixen os deberes prestando moita atención. A mestra, cando os viu, quedou impresionada. Que guai! Estaba súper contento!

Respostas

Coherencia

Cohesión

Adecuación

Retroalimentación

Pregunta

4. A xente doutros países vén visitar Galicia. A nosa comunidade é un lugar con moita historia e moitas tradicións. A miña mascota corre moito cando sae pasear pola rúa. Os bosques en Galicia teñen moita vexetación. A miña curmá fai sopa no verán. 

Respostas

Coherencia

Cohesión

Adecuación

Retroalimentación

Pregunta

5. Gústame moito ir á praia. O meu gato Misi adora os cans. A obra de teatro que fomos ver era moi emocionante. A xente estaba evitar falando. Sabela fixo croquetas e tamén sopa de peixe. 

Respostas

Coherencia

Cohesión

Adecuación

Retroalimentación

Pregunta

6. O día de hoxe foi fantástico, estou moi feliz de que xa sexan as vacacións! Non teño nada que facer, xa eran horas! Ademais fixen todo o traballo moi rápido e tiven tempo libre. É brutal!

Respostas

Coherencia

Cohesión

Adecuación

Retroalimentación

Pregunta

7. Fomos á festa o venres pasado. A miña amiga Carlota tamén veu á festa. A música estaba moi alta. Xogamos ao baloncesto e comemos patacas fritas. Todos e todas estaban moi felices. 

Respostas

Coherencia

Cohesión

Adecuación

Retroalimentación

OPCIÓN C: Observa e corrixe.

Le con atención os textos que aparecen a continuación. Indica se algún deles carece de coherencia, cohesión e adecuación. Unha vez identifiques o que falta, completa no teu caderno adecuadamente. 

1. Na páxina web do centro educativo publícase a seguinte mensaxe para avisar as familias dunha saída:

“Ola! Pois nada, que o xoves imos por aí de excursión cos rapaces e rapazas. Saímos cedo, así que que ninguén chegue tarde. Que leven cousas, tipo bocata, auga e esas cousas, porque vai ir calor seguro. Ah! E que vaian ben vestidos e vestidas, que despois veñen as queixas. Pois iso, que xa lles contaremos como foi todo. A pasalo ben!”

Fáltalle: .

2. Nun anuncio publicitario sobre material escolar, atopas a seguinte información: 

“Volven as clases e as carpetas están de moda. Se che gusta escribir, as gomas son vermellas. Os libros pesan moito, por iso os bolígrafos veñen en paquetes de dez. A volta ao cole é divertida, sobre todo cando chove e os lapis son baratos. Compra agora o que precises para que os cadernos non se mollen na mochila. Temos ofertas en reloxos e rotuladores que escriben rápido, coma os autobuses.”

Fáltalle: .

3. Nun xornal atopas a seguinte receita: 

“Para facer unha torta hai que ter ovos. O forno ten que estar moi quente. Mestura a fariña e o azucre. O leite está frío. Engádese manteiga. Untar o molde con aceite. Bater todo. O tempo é importante. Deixar repousar a masa. Cortar a torta en anacos. Poñer no forno. Está feita cando sobe.”

Fáltalle:

4. No blogue de aula a mestra publica a seguinte mensaxe: 

“Ei rapaz! recordade as tarefas para a casa para mañá. Ah, ide tamén estudando para a proba de ciencias, que logo sempre vos queixades de que non vos dá tempo. Ala, a gozar da tarde!”

Fáltalle: .

Activar JavaScript

Feito con eXeLearning (Nova xanela)