Coherencia, cohesión e adecuación textual
A coherencia, a adecuación e a cohesión son tres aspectos moi importantes á hora de escribir ou falar, porque axudan a que as ideas sexan claras e estean ben conectadas entre si.
Que é o que debes saber sobre a coherencia, a cohesión e a adecuación?
Coherencia
Implica que as ideas ou os argumentos dentro dun texto ou discurso teñen que ter sentido. A coherencia fai que todo o que se di o u se escribe estea relacionado co tema central do texto.
Exemplo:
Se estou a contar un conto sobre unha viaxe ao parque, non ten sentido dicir no medio da historia "hoxe fixen un exame de matemáticas", porque iso non ten relación co que se está a contar.



Cohesión
Refírese á maneira en que se unen as partes dun texto para que este sexa comprendido de forma adecuada. Empréganse conxuncións, pronomes e outras ferramentas para que as ideas se conecten ben e o texto teña sentido.
Exemplo:
Vamos imaxinar que escribimos unha historia.
Se se unen frases como "Primeiro fixen isto. Despois fixen aquilo. Finalmente fixen isto outro", está entrando en xogo a cohesión.
En cambio, se omitimos esas palabras, e simplemente escribimos "Fixen isto. Fixen aquilo. Fixen isto outro", o texto carece de cohesión, pois as frases non teñen un sentido unificado.
As palabras que unen as oracións fan que o texto non sexa un conxunto de oracións soltas, senón que todo se combine a teña sentido.



Adecuación
Fai alusión a cando a forma de escribir ou falar se adapta ao que espera o público ao que un se dirixe. Hai que empregar un vocabulario axeitado e ter en conta o contexto no que estamos a comunicar.
Exemplo:
Se se lle está a explicar algo a un amigo ou amiga, débense usar palabras que el ou ela entenda. Se, en cambio, se está a falar cun mestre ou mestra ou cun adulto ou adulta, sería preciso empregar un vocabulario un pouco máis formal ou serio, dependendo do contexto onde se desenvolva a conversa.



Lectura facilitada
Coherencia
As ideas deben estar relacionadas co tema principal.
Cohesión
Unen as partes do texto coas conxuncións e pronomes.
Adecuación
Adaptar o vocabulario ao público e contexto.
Audio
Están en todas partes?
Agora que xa sabes a importancia da coherencia, cohesión e a adecuación, e antes de seguir afondando na súa importancia, chega o momento de observar se está tan presente como pensamos.
Convidámoste a que visites a biblioteca do teu centro, escollas un dos teus libros favoritos e, dentro das súas páxinas, localices palabras que permitan que os seus textos teñan coherencia.
Cantas palabras cres que atoparás?
Fala cos teus compañeiros e compañeiras cando as teñas localizadas, porque seguro que moitas delas coincidirán.
A coherencia, a cohesión e a adecuación están presentes en todas partes!


