Glosario
Achado
-
Definición:
-
Obxecto, dato ou elementos que se atopa por casualidade ou como resultado dunha busca, e que resulta ter valor ou interese.
-
Exemplo:
-
Durante a escavación no castro, a arqueóloga fixo un achado sorprendente: unha peza de cerámica decorada que podería ter moitos anos.
Artellar
Definición:
Organizar ou poñer en orde as partes de algo para que teña sentido e sexa fácil de entender.
Exemplo:
Se queremos que o proxecto sexa un éxito, temos que artellar os pasos a seguir.
Azar
Definición:
Referido a un feito que acontece sen que ninguén o teña previsto ou poida controlar, como unha casualidade.
Exemplo:
As dúas chegamos á escola á mesma hora, sen falar nin quedar antes; foi puro azar.
Coavaliación
Definición:
A coavaliación é unha técnica de avaliación na que o alumnado valora o traballo dos seus compañeiros e compañeiras.
Exemplo:
Durante este tema o alumnado terá que coavaliarse varias veces.
Contexto
Definición:
Conxunto de circunstancias que rodean un acontecemento e que axudan a comprendelo mellor.
Exemplo:
Para aprobar o exame, non só é importante recordar as datas, senón tamén o contexto histórico no que se desenvolveron os feitos.
Defensor ou defensora
Definición:
Persoa que defende ou protexe algo ou alguén.
Exemplo:
No debate, Xacobe actuou como defensor das propostas ambientais, argumentando que era preciso actuar de xeito inmediato para protexer o medio ambiente.
Dito
Definición:
Frase feita ou expresión coñecida que se emprega para transmitir unha idea ou un concepto.
Exemplo:
Os ditos populares transmítense de xeración en xeración.
Eido
Definición:
Conxunto de todo o relacionado con algo.
Exemplo:
No eido persoal podemos atopar elementos como as cartas.
Imparcial
Definición:
Que actúa buscando a verdade. Unha persoa imparcial trata de ser xusta e obxectiva.
Exemplo:
O xulgado do concurso de poesía foi imparcial, escolleu a persoa gañadora sen influenciarse polas súas amizades.
Imperativo
Definición:
Que expresa unha orde.
Definición:
Cando a mestra di: “Anotade as tarefas para a casa na axenda” está empregando a forma imperativa do verbo, porque está dando unha orde.
Implicar
Definición:
Quere dicir que algo está metido ou que ten que ver con outra cousa.
Exemplo:
Se chove, iso implica que debemos levar paraugas.
Intervención
Definición:
Fai relación a cando alguén participa nunha situación para axudar, falar ou cambiar algo.
Exemplo:
Alén levantou a man para facer unha intervención no debate sobre o emprego do galego nas redes sociais.
Orador ou oradora
Definición:
Persoa que fala diante doutras para contar ou explicar algunha idea ou dar unha opinión.
Exemplo:
Durante a reunión, o orador explicou con moita claridade como organizar os equipos para o proxecto de ciencias da natureza.
Podcast
Definición:
Audio que podes escoitar por Internet cando queiras. Pode tratar sobre contos, música, deporte e moitos outros temas.
Exemplo:
Na clase fixemos un podcast sobre o emprego da lingua galega por parte dos mozos e mozas. Foi moi divertido!
Rol
Definición:
Fai referencia ao papel ou función que desempeña unha persoa nun grupo ou situación.
Exemplo:
No noso grupo de traballo de ciencias, eu teño o rol de secretaria.
Rúbrica
Definición:
Unha rúbrica é unha táboa ou cadrado que serve para saber como se vai avaliar un traballo ou unha tarefa.
Exemplo:
A mestra ensinounos a rúbrica para saber que cousas tiñamos que facer ben no traballo sobre o xornal.
Unificar
Definición:
Xuntar ou unir varias cousas ou partes para facer que todo sexa unha soa, formando un conxunto.
Exemplo:
Todo o alumnado de 6º unificou as súas ideas para crear a imaxe da mascota da biblioteca da escola.
Veraz
Definición:
Que é conforme á verdade, de xeito obxectivo; correspondendo á realidade con exactitude.
Exemplo:
Xoán explicou de maneira veraz o que aconteceu na aula, sen ocultar nada e contando todo tal como sucedeu.
Xustificar
Definición:
Explicar ou dar razóns para demostrar que algo é correcto.
Exemplo:
Cando cheguei tarde á clase de matemáticas, miña nai tivo que xustificar a demora explicando a miña asistencia a unha consulta médica.



