Os textos narrativos
Os textos narrativos son aqueles que contan unha historia. Neles aparecen uns personaxes, aos que lles suceden unha serie de feitos nun lugar determinado. Estas historias poden ser reais ou imaxinarias.
.png)
.png)

A ESTRUTURA DOS TEXTOS NARRATIVOS
Os textos narrativos presentan unha estrutura moi característica que debes coñecer.
INTRODUCIÓN
- Obxectivo: Presentar os personaxes, o lugar e a situación inicial.
- Que podes incluír na introdución?
- Personaxes: son as persoas ou seres principais que queres que aparezan na historia.
- Lugar: onde se desenvolve a historia (pode ser unha aldea, unha cidade, unha vila, un planeta, un bosque, etc.).
- Situación inicial: son os feitos que acontecen ao comezo da historia.
- Exemplo: Nunha pequena vila, había dúas amigas chamadas Sara e Noelia que adoraban pasar tempo xuntas.
.png)

DESENVOLVEMENTO OU NÓ
- Obxectivo: contar os feitos principais sucedidos na historia. Aquí aparece o conflito ou problema que os personaxes deben solucionar.
- Que podes incluír?
- Problema ou conflito: a situación que os personaxes precisan resolver.
- Acción: o que fan os personaxes para intentar resolver o conflito.
- Exemplo: Un día Noelia e Sara comezaron a non gozar do tempo xuntas, pois sempre acababan discutindo.


DESENLACE OU FINAL
- Obxectivo: resolver o conflito e darlle peche á historia.
- Que podes incluír?
- Solución: como se soluciona o problema.
- Resultado: como cambia a situación tras resolver o conflito.
- Exemplo: Despois de varios días de reflexión por parte de ambas as rapazas, deciden falar e chega ao acordo de que deben respectarse mutuamente. Tras resolver as súas diferenzas e aclarar toda a situación, a súa amizade volveuse máis forte ca nunca e, deste xeito, foi como aprenderon a escoitarse e a ser verdadeiras amigas.


Lectura facilitada
Introdución
Presenta os personaxes, o lugar e a situación inicial.
Desenvolvemento ou nó
Conta o conflito ou problema que deben solucionar os personaxes.
Desenlace ou final
Resolución do conflito e cambio na situación.
Audio
Pero.... son todos iguais?
Retrocede no pasado ata os contos da túa nenez. Pensa neles detidamente. Sóanche de que teñan a mesma estrutura que se che amosa no apartado anterior?
Escolle un e comenta cos teus compañeiros e compañeiras se opinan o mesmo ca ti!
Senón, tamén lle podes botar unha pequena ollada ao conto que che aparece a continuación. Fíxate na súa estrutura!
.png)
.png)
.png)