Saltar navegación

A exposición

Os textos expositivos

Nos textos expositivos, tamén coñecidos como exposicións, o que se fai é contar os feitos ou os conceptos dunha forma clara e ordenada, para que a persoa que os ler poida entender ben o que se está a explicar. 

Son textos que informan e explican de maneira obxectiva sobre un tema específico, sen emitir ningunha valoración. 

Por exemplo, un texto expositivo pode falar sobre animais ou sobre plantas, dando datos e explicacións, pero sen contar unha historia. 

O seu obxectivo fundamental é informar. 

ExposiciónOrganizarEntenderInformación

A ESTRUTURA DOS TEXTOS EXPOSITIVOS

Os textos expositivos presentan a seguinte estrutura. 

Lectura facilitada

Introdución (comezo)

Presenta o tema.

Explica por que é importante ou por que se elixiu.

Ás veces comeza cunha pregunta ou dato curioso.

Desenvolvemento (parte central)

Explica as ideas principais de forma clara.

Dá exemplos e datos.

Pode comparar, dar causas ou consecuencias.

Conclusión (Final)

Resumo as ideas principais.

Fai unha reflexión final.

Texto expositivo sobre o "ciclo da auga"

Introdución:

O ciclo da auga é un proceso natural fundamental que ocorre na Terra, lugar no que se move continuamente entre o solo, o aire e o mar. Este ciclo permite que a auga se renove de maneira constante e que os ecosistemas teñan a que precisan para vivir.

Desenvolvemento: 

O ciclo da auga comeza cando a esta parte dos océanos, ríos e lagos evaporándose debido á calor do sol. Este proceso é chamado evaporación e fai que a auga pase de estado líquido a gas, formando vapor de auga. Este vapor sobe á atmosfera, onde se arrefría e se condensa en pequenas gotas, formando as nubes. Este proceso chámase condensación.

Despois, cando as nubes se fan moi grandes e pesadas, as gotas de auga caen ao chan debido á forza da gravidade. Este fenómeno chámase precipitación e pode ser en forma de chuvia, neve ou sarabia, dependendo das condicións climáticas.

Unha vez que a auga chega ao chan, pode seguir diferentes camiños. Parte da auga infiltrase no solo, o que se coñece como infiltración, e alimenta aos ríos e embalses. Outra parte da auga flúe polas ribeiras e forma ríos e correntes que, finalmente, desembocan nos océanos, onde o ciclo comeza de novo.

Conclusión: 

O ciclo da auga é esencial para manter o equilibrio dos ecosistemas da Terra. Grazas a este proceso, a auga flúe constantemente e distribúese por todo o planeta, permitindo que as plantas, os animais e os seres humanos teñan acceso a ela. Entender como funciona este ciclo é importante para coidar o medio ambiente e asegurar suficiente auga no futuro.

Ordenar

1. Introdución:

Presentación do tema e do obxectivo do texto que, neste caso, sería explicar o que é o ciclo da auga. 

2. Desenvolvemento:

Explicación detallada e ordenada do proceso, describindo os diferentes pasos que forman o ciclo a auga (evaporación, condensación, precipitación e infiltración). 

3. Final:

Resumo do importante que é o ciclo a auga para o medio ambiente e a vida no planeta. 

Neste tipo de texto, a información sempre deberá ser clara e directa, sen opinións persoais, para que quen o ler poida entender perfectamente o que se está a explicar.

Ti podes!

Ser un ou unha gran xornalista non é doado, pero cada vez estás máis preto. 

Ánimo!

Como en todos os apartados, a continuación atoparás dous documentos coa teoría máis importante, que seguro che serán de grande axuda. 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)