Saltar navegación

4. Chega a hora de escribir

 

Glosario

Acontecemento

FestasDefinición: 

É algo importante que pasa nun lugar e nun momento.

Exemplo:

O festival do colexio foi o mellor acontecemento do ano.

Arquivo

CarpetaDefinición: 

É un documento ou un ficheiro que podes gardar no ordenador, como unha foto, un conto ou un vídeo.

Exemplo: 

Gardamos a foto da excursión nun arquivo no ordenador.

Código QR

Código QRDefinición: 

É un cadrado cheo de puntos e liñas que podes detectar co móbil para ir a unha páxina web ou ver información.

Exemplo: 

Escanei un código QR co móbil e apareceu un vídeo divertido.

Diagrama

ExplicarDefinición: 

É un debuxo ou esquema que serve para explicar algo de forma máis doada. Pode ter frechas, cadros ou debuxos pequenos.

Exemplo:

Fixemos un diagrama para explicar como crecen as plantas.

Editor ou editora

CorrixirDefinición: 

É unha persoa que revisa e mellora libros, revistas ou contidos antes de publicalos para que estean ben escritos.

Exemplo: 

A editora do libro revisou as historias antes de imprimilas.

Ligazón

WebDefinición: 

É unha palabra ou unha imaxe nunha páxina web que te leva a outro sitio ou outra información se premes enriba.

Exemplo: 

A mestra púxonos unha ligazón para ver un conto enInternet.

Exportar

GardarDefinición: 

Significa gardar un traballo ou documento dun programa para usalo noutro sitio ou enviarllo a outra persoa.

Exemplo: 

O mestre exporta o traballo e mándao ao noso correo.

Formato

mp3Definición:

É a maneira na que está gardado un arquivo. Por exemplo, unha foto pode ser formato jpg ou png, e un conto pode ser pdf.

Exemplo: 

A canción está no formato mp3 para poder escoitala no móbil.

Programas

ProgramaDefinición:

Son aplicacións ou ferramentas que usas no ordenador ou no móbil, como un xogo, un editor de fotos ou un buscador de Internet.

Exemplo:

No ordenador temos programas para debuxar e escribir contos.

Escritores e escritoras, é o momento

Agora que xa sabes todo sobre os xéneros discursivos e as tipoloxías textuais, e de que es un mestre ou unha mestra da gramática... Chega o momento de poñer en práctica todos os teus coñecementos. 

Como viches, en apartados anteriores, dominar as tipoloxías textuais, as normas ortográficas e gramaticais, e escribir con coherencia e cohesión, é fundamental para ser un bo ou unha boa xornalista. 

Porén, o teu traballo non remata aquí. Chega o momento de aprender sobre o máis importante: como elaborar o reto final.

MestreXornalista

Por onde comezar?

Ao participar na creación dun xornal ou revista escolar, é importante que coñezas o proceso de elaboración dos diferentes tipos de textos que poderás incluír: narrativos, descritivos, expositivos, argumentativos ou instrutivos.

XornalRevista

Para calquera deles, terás que seguir estes pasos fundamentais:

1. Coñecer a estrutura do texto que vas facer.

Cada tipo textual ten unha organización distinta

  • O texto narrativo conta feitos, con introdución, nó e desenlace.
  • O descritivo céntrase en representar persoas, lugares ou obxectos con detalle.
  • O expositivo informa con claridade sobre un tema.
  • O argumentativo busca convencer ou defender unha opinión.
  • O instrutivo explica como facer algo, paso a paso.

Saber a estrutura axudarate a organizar ben as ideas.

Planificación

2. Informarte e buscar os datos que precises para solucionar o reto ou desenvolver o tema.

Investiga fontes fiables segundo o tipo de texto: datos para un artigo expositivo, argumentos para un texto de opinión, ou pasos para unha guía instrutiva.

Buscar

3. Redactar os textos que precises, adaptando a linguaxe ao seu propósito e ao público lector.

Por exemplo, usa verbos no pasado para narrar, adxectivos para describir, conexións lóxicas para expoñer ou argumentar, e verbos no imperativo para dar instrucións.

Escribir o nome

4. Lembra fixarte na acentuación e nas palabras que utilizas.

A corrección lingüística é fundamental en calquera sección do xornal ou revista, tanto na redacción coma nos títulos e subtítulos.

Lupa

5. Montar o voso texto co deseño escollido e as ferramentas que consideredes máis axeitadas.

O formato é importante: un texto descritivo pode ir acompañado dunha imaxe; un expositivo pode incluír gráficos; un instrutivo, esquemas paso a paso; e un argumentativo, citas destacadas.

MontarTexto

6. Preparar a exposición do tema para compartilo co resto de compañeiras e compañeiros.

Ademais de escribir, será boa idea explicar oralmente como elaboraches o teu texto, por que escolliches ese tipo textual e que queres transmitir.

Non te preocupes, nas seguintes fases do proxecto obterás máis información, exemplos e axuda para continuar co teu traballo no xornal ou revista.

ExpoñerPúblico

Lectura facilitada

Hai diferentes tipos de textos. Cada un serve para algo distinto:

Narrativo: conta unha historia.

Descritivo: describe como é algo ou alguén.

Expositivo: dá información sobre un tema.

Argumentativo: dá unha opinión.

Instrutivo: explica como facer algo.

Para facer o teu texto, hai que seguir uns pasos.

Saber que tipo de texto vas facer.

Buscar información.

Escribir o texto.

Revisar o texto.

Poñer o texto bonito.

Podes engadir debuxos, fotos ou títulos.

Explica o que fixeches ás túas compañeiras e compañeiros.

Non te preocupes, irás aprendendo pouco a pouco e recibirás axuda.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)