Recordando a importancia dos signos de puntuación
Outro dos elementos fundamentais para que os textos escritos teñan coherencia e cohesión son os signos de puntuación.
Que che parece se facemos unha breve viaxe polos traballados na unidade anterior?
O punto

O punto indícanos a realización dunha pausa.
Dentro dos puntos, temos: o punto e final, o punto e seguido e o punto e a parte.
Os dous puntos

Os dous puntos indican unha pausa breve, que anticipa algo importante na lectura.
Pódense empregar os dous puntos ao inicio dunha carta, ao repetir as palabras ditas por outra persoa e ao inicio dunha enumeración.
O punto e coma

O punto e coma indica a realización dunha pausa máis curta que o punto, pero máis longa que a coma.
Empregamos o punto e coma nas enumeracións onde se fai uso de moitas comas.
Os puntos suspensivos



Os puntos suspensivos son tres puntos que se empregan para indicar que unha enumeración queda incompleta, que algo está a piques de acontecer e para dar misterio ás palabras do falante.
A coma

A coma indica a realización dunha pausa máis breve que a do punto.
Lectura facilitada
O punto
Indica unha pausa.
Punto e final
Remata o texto.
Punto e seguido
Separa frases dentro dun parágrafo.
Punto e a parte
Separa parágrafos.
Os dous puntos
Indican unha pausa breve e anticipan algo importante.
O punto e coma
Fai unha pausa máis longa ca a coma, pero máis curta cá do punto.
Usamos nas enumeracións con moitas comas.
Os puntos suspensivos
Indican que algo está incompleto, está a piques de suceder ou para dar misterio.