Saltar navegación

Ideas para os xogos

Exemplo de pezas para o xogo

   Fotografía de tapóns de botellas Tapóns de recipientes Fotografía de botóns variados Fotografía de varios recortes

Fotos e debuxos para o xogo

Para preparar o xogo podedes utilizar os vosos debuxos ou buscar fotografías e debuxos por Internet.

Tedes que lembrar algunhas normas sobre a utilización de cousas que atopades por Internet:

As obras teñen autoría, é dicir, teñen un autor ou autora, e debemos recoñecer ás persoas que crearon os materiais que empregamos ou indicar a maneira que tivemos de elaborar os materiais que descargamos de Internet. 

Cando a persoa autora publica unha creación pode poñer unha licenza que explica a forma de utilizar ese material, e mais as cousas que se poden facer ou non coa súa obra. Algunhas veces, a persoa autora non deixa utilizar, compartir ou modificar o material. Neste caso dicimos que a obra ten "todos os dereitos reservados", ou "Copyright" en inglés, e non poderíamos utilizala sen permiso da autora.

Noutros casos, xunto á obra vai un texto ou unha icona que indica o que se permite facer coa fotografía ou o debuxo, o que se chama licenza. Temos dous casos:

Obra de "dominio público", o que significa que se pode utilizar, compartir e modificar porque pertence á humanidade: por exemplo, unha pintura de Velázquez.

Obra con algúns dereitos reservados, o que quere dicir que hai cousas que non se poden facer coa obra: por exemplo, modificala. Ás veces, para indicar os dereitos reservados e as obrigas, a persoa autora escolle un tipo de licenza que ten o nome de "Creative Commons".

As fotografías e debuxos de dominio público ou con licenza Creative Commons podémolas utilizar nos taboleiros, nas fichas técnicas ou en calquera outro elemento como, por exemplo, un cartel para anunciar o xogo ou un libro de instrucións.

Para saber máis sobre as licenzas Creative Commons, en formato PDF (nova xanela).

Vídeo sobre as licenzas Creative Commons, en YouTube (nova xanela)

Non esquezades engadir, xunto co voso xogo, un documento coa procedencia das imaxes, a persoa autora e a licenza.

Un sitio de Internet para buscar debuxos:

ARASAAC

Ten unha inmensa colección de debuxos, tamén chamados "pictogramas", que expresan accións, ideas, sentimentos e máis.

Preme para visitar o sitio de ARASAAC (nova xanela)

ARASAAC é un sitio seguro. En Internet busca información en sitios seguros, como podes saber se son sitios seguros?

  1. Non piden datos persoais. Nunca escribas a túa dirección nin un número de teléfono!
  2. A información é veraz, non intentan enganarte.
  3. Non piden que descargues arquivos que non desexes.
  4. Se o teu navegador amosa un aviso de que o sitio non é seguro, non entres.

Exemplo de xogo de cartas

Imaxe de 6 cartas con animais para construír un xogoInstrucións do xogo:

Número de participantes: mínimo 2

  1. Repártense as cartas.
  2. Comeza unha persoa que pon unha carta sobre a mesa.
  3. A seguinte persoa pola dereita coloca enriba unha carta que teña un animal do mesmo grupo dos que ten a carta que está sobre a mesa. Se non ten, pasa a quenda.

Gaña a primeira persoa que queda sen cartas.

Ver o modelo en formato PDF (nova xanela)

O modelo en formato editable de LibreOffice Draw.



Lectura facilitada

Para preparar o xogo podes utilizar os teus debuxos
ou buscar fotografías e debuxos por Internet.

Normas para usar ben as fotos e debuxos de Internet:

As obras teñen un autor ou autora,
debes poñer o nome das persoas autoras.

As fotos e debuxos teñen licenza,
coa licenza podes saber o que está permitido facer coa foto e debuxo.

Hai obra de dominio público,
isto significa que se pode utilizar,
compartir e modificar porque pertence a todo o mundo;
por exemplo, unha pintura de Velázquez.

Tamén hai obras con algúns dereitos reservados,
que quere dicir que hai cousas que non se poden facer coa obra;
por exemplo, modificala.

Tamén hai un tipo de licenza que ten o nome de Creative Commons,
que permite utilizar a foto ou o debuxo con algunhas condicións.

As fotografías e debuxos de dominio público ou con licenza Creative Commons
pódelas utilizar nos taboleiros, nas fichas técnicas ou en calquera outro elemento,
como por exemplo un cartel para anunciar o xogo ou un libro de instrucións.

Un sitio famoso de Internet para buscar debuxos é ARASAAC.

Preme para visitar o sitio de ARASAAC (nova xanela)

ARASAAC é un sitio seguro.

En Internet busca información en sitios seguros.

Para saber se un sitio é seguro comproba que non piden datos persoais,
nunca escribas a túa dirección nin un número de teléfono,
e mais que é certo o que pon e non intentan enganarte.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)