Glosario
Microscópico
-
Definición:
-
Algo tan pequeno que só se pode ver co microscopio.
-
Exemplo:
-
As bacterias son seres microscópicos.
Definición:
Algo tan pequeno que só se pode ver co microscopio.
Exemplo:
As bacterias son seres microscópicos.
Todos os seres vivos, dende o máis microscópico ata o ser humano, están formados por células.
Unha célula é a parte máis pequena dun ser vivo capaz de realizar por si mesma as funcións de nutrición, relación e reprodución.
As células poden ser de diferentes tamaños. A maioría son tan pequenas que necesitas un microscopio para velas, pero outras son tan grandes que se poden ver á primeira ollada, como acontece coa polpa dunha laranxa.
Todos os seres vivos, dende os que non se poden ver sen microscopio
ata o ser humano, están formados por células.
Unha célula é a parte máis pequena dun ser vivo
que pode alimentarse, relacionarse co medio
e producir outros seres parecidos.
Tamén podemos dicir que realiza as funcións de nutrición,
relación e reprodución.
As células poden ser de diferentes tamaños.
A maioría das células son tan pequenas
que necesitarás un microscopio para velas,
pero outras son tan grandes que se poden ver,
como acontece coa polpa dunha laranxa.
Os seres vivos organizan as súas estruturas de diferentes formas.
Existen dous grupos de seres vivos, os formados por unha soa célula e os formados por varias células:
Son os formados por unha soa célula. A súa única célula realiza todas as funcións necesarias para vivir.

Son os formados por dúas ou máis células. Todas as células se coordinan para que o organismo poda realizar as funcións vitais.

Os seres vivos están formados por unha ou moitas células.
Se teñen unha célula os chamamos unicelulares,
aos seres vivos con moitas células os chamamos pluricelulares.
Este é o resumo:
Unicelulares: seres vivos compostos por unha soa célula.
Pluricelulares: seres vivos compostos por varias células.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Atribución Non-comercial Compartir igual 4.0