Saltar navegación

Reino monera

 

Glosario

Autótrofa

Imaxe dunha planta

Definición:

Organismo que é capaz de elaborar o seu propio alimento a partir de substancias inorgánicas.

Exemplo:

Os organismos autótrofos son as plantas, as algas e algúns tipos de bacterias.

Fisión binaria

Imagen Fisión binaria

Definición:

Proceso que as bacterias utilizan para realizar a división celular.

Exemplo:

As bacterias pódense reproducir por fisión binaria.

Mineralizador

imaxe de bacterias

Definición:

Microorganismo que realiza o último paso da descomposición, reducindo a materia orgánica ao estado inorgánico de sales minerais.

Exemplo:

Os fungos e as bacterias son organismos mineralizadores.

Características

O reino monera está constituído por organismos unicelulares con células procariotas. As bacterias son deste reino.

  • Son heterótrofas na maioría, aínda que hai algunhas autótrofas. 
  • Carecen de orgánulos.
  • Pódense mover con autonomía. 
  • Poden presentar diferentes formas: espirais (espiroquetas), búmerang (vibrións), comas, bastóns (bacilos) ou esferas (cocos).
  • Viven en diferentes lugares. 
  • A reprodución é asexual, por fisión binaria ou escisión. 
  • Teñen acción descompoñedora e mineralizadora no medio que habitan. 

Bacterias

Feito con eXeLearning (Nova xanela)