Saltar navegación

4.1. Planificamos a sesión de xogos

Preparativos previos

unha reunión de unhas persoas nunha mesa

Agora temos por diante unha sesión de organización.

Todos os equipos tedes que debater e escoller como ides organizar o evento.

Na sesión de xogos, estaredes todos os equipos á vez explicando os xogos aos participantes.

Unha idea de organización pode ser dedicar unha sesión a un grupo para os xogos de nivel máis doado, e outra sesión para os xogos de máis dificultade.

Lembrade pasar ás persoas participantes o cuestionario antes de marchar.

Avaliación da sesión de xogos en formato PDF (nova xanela).

Avaliación da sesión de xogos ODT

E agora analicemos que é o que temos que escoller para ámbalas sesións:

Espazo

Tedes que escoller onde imos realizar o obradoiro de xogos.

A biblioteca pode ser un bo lugar, pero igual preferides usar a vosa aula, ou outro espazo do centro.

Falade entre vós e decidide o que vos parece mellor idea.

A que grupos imos convidar

Temos xogos de varios niveis, así que hai que escoller con que grupo probaremos os xogos, os máis doados e os máis difíciles.

Tempos

Calculade canto tempo vos leva explicar o xogo e botar unha partida.

Tedes que probar todos os xogos, uns durarán máis que outros.

Teredes que convidar ás distintas clases sabendo canto tempo precisades para cada obradoiro.

Ambientación

Lembrade que tedes que colocar mesas e cadeiras, alfombras para xogar no chan ou o que precisedes para cada xogo.

Se o vedes apropiado, podedes dar uns toques decorativos (carteis co nome dos vosos xogos, grilandas ou o que se vos ocorra que lle dea un toque festivo).

Lectura facilitada

Para organizar a sesión de explicación dos xogos
tes que planificar co resto da clase
o que se vai facer ese día.

Podedes facer dúas sesións. Primeiro explicar os xogos máis sinxelos
e logo os xogos máis difíciles.

Antes de acabar a sesión de explicación tes que pasar o cuestionario
ás persoas que asistan á explicación.

Podes coller aquí os cuestionarios:

Para planificar a sesión de explicacións. debes escoller un sitio do cole.
Acorda o lugar co teu equipo.
A biblioteca pode ser un bo sitio para explicar os xogos.

O seguinte é invitar á rapazada a esa sesión de explicación,
pensa con que idade empezar.

Axustar o tempo que van durar as explicacións é importante.
Proba co resto da clase os xogos para saber canto se tarda en explicar
a forma de xogar.

Logo decide co resto da clase se queredes decorar a sala e
que cousas necesitades. Por exemplo:

  • Cadeiras.
  • Alfombras.
  • Carteis.
  • Debuxos para as paredes.
  • Outras cousas.

Pensas que debe ser unha festa?

Feito con eXeLearning (Nova xanela)