Saltar navegación

As funcións vitais

 

Glosario

Nutrientes

Imaxe de comida

Definición:

Substancias (como as proteínas, as graxas, os carbohidratos, as vitaminas ou os minerais) que forman parte dos alimentos. O corpo utiliza estes compostos para funcionar e crecer.

Exemplo:

A froita ten moitos nutrientes.

Descendentes

Imaxe que representa a reprodución

Definición:

Que procede doutro ser vivo, os fillos, as crías...

Exemplo:

Deixou en herdanza a casa aos seus descendentes.

Cales son?

Todos os seres vivos, para selo, teñen que cumprir as tres funcións vitais: nutrición, relación e reprodución.

Esquemas das funcións vitais

Función de nutrición

A función de nutrición consiste en transformar os alimentos en substancias máis sinxelas (nutrientes) e enerxía.

Obter nutrientes

Esta obtención pódese levar a cabo de dúas maneiras: de maneira autótrofa, cando os seres vivos fabrican o seu propio alimento. Por exemplo: as plantas, que con gases e auga fabrican o seu propio alimento; e de maneira heterótrofa, cando os seres vivos se alimentan doutros seres vivos. Por exemplo: os animais, que se alimentan de plantas ou doutros animais.

Respirar

Menos as bacterias, todos os seres vivos necesitan tomar osíxeno do aire ou da auga.

Utilizar as substancias que tomamos

Os seres vivos utilizan o osíxeno e os nutrientes para crecer ou para obter enerxía.

Expulsar refugallos

Ao utilizar as substancias e realizar as nosas actividades, prodúcense substancias de refugallo que hai que expulsar ao exterior.

Lectura facilitada

A función de nutrición consiste en obter nutrientes e respirar,

utilizar esas substancias para medrar e ter enerxía para vivir.

Despois as substancias de refugallo son expulsadas ao exterior.

Algúns seres vivos poden fabricar o alimento, por exemplo, as plantas.

A esa forma de alimentarse chamámola autótrofa.

Dos seres vivos que deben alimentarse doutros seres vivos

dicimos que teñen unha alimentación heterótrofa.

Por exemplo, os animais que comen plantas ou comen outros animais.

Función de relación

A función de relación consiste en percibir os cambios que se producen tanto no medio coma no interior do organismo e reaccionar ante eles.

Que órganos interveñen?

  • Órganos dos sentidos
  • O sistema nervioso
  • O aparello locomotor

Como ocorre?

  1. Os sentidos captan a información.
  2. A información viaxa ata o cerebro polos nervios.
  3. O cerebro recibe a información e decide que facer.
  4. O aparello locomotor recibe as ordes polos nervios.

Función de reprodución

A función de reprodución é a que nos permite ter descendentes na etapa adulta. Esta reprodución pode ser de dous tipos: asexual ou sexual.

Reprodución asexual

Un só ser vivo produce descendentes a partir dalgunhas partes do seu corpo que se desenvolven.

reprodución asexual

Reprodución sexual

Na que é necesaria a unión de dúas células, unha masculina e outra feminina para producir unha nova célula que se desenvolve para dar lugar a un novo ser vivo.

Ilustración que representa a reprodución sexual cunha semente que medra

Resumo

Esquema das funcións vitais

Funcións vitais dos seres vivos

Nutrición

Relación

Reprodución

A función de nutrición consiste en transformar os alimentos en substancias máis sinxelas (nutrientes) e enerxía.

Procesos na nutrición:

  • Alimentación, ou sexa, obter nutrientes. Pode ser:
    • Alimentación autótrofa
    • Alimentación heterótrofa
  • Respiración
  • Uso das substancias que se toman
  • Expulsión de refugallos

A función de relación consiste en percibir os cambios que se producen tanto no medio coma no interior do organismo e reaccionar ante eles.

Órganos que interveñen:

  • Órganos dos sentidos
  • O sistema nervioso
  • O aparello locomotor

A función de reprodución é a que nos permite ter descendentes na etapa adulta. Esta reprodución pode ser de dous tipos:

  • Asexual
  • Sexual

Feito con eXeLearning (Nova xanela)