Saltar navegación

3.4. Seres vivos: organización

Como son os niveis de organización dos seres vivos

Os principais niveis de organización dun organismo, dende os máis simples ata os máis complexos, son: átomos, moléculas, orgánulos, células, tecidos, órganos, sistemas de órganos e o organismo.

Na imaxe, podemos ver como son os niveis de organización no organismo humano. Preme para ampliar o debuxo.

Imaxe dos niveis de organización dun organismo.

Niveis de organización dos seres pluricelulares

As células agrúpanse e forman distintos niveis de organización. O resultado é un organismo.

Os seres pluricelulares pódense organizar en diferentes niveis:

Niveis de organización celular

Aquí tes un esquema interactivo sobre os niveis de organización dos seres vivos pluricelulares. Preme nos títulos para ver a explicación.

Primeiro nivel

Células

O primeiro nivel son as células.

Célula

Segundo nivel

Tecidos

O segundo nivel son os tecidos. As células cunha mesma función agrúpanse, todas teñen características similares e están conectadas entre si. Por exemplo, nos seres humanos, as células con capacidade para contraerse forman o denominado tecido muscular.

Tecido muscular

Terceiro nivel

Órganos

O terceiro nivel son os órganos: os tecidos agrúpanse para realizar unha función común. Por exemplo, o corazón é un órgano que ten como función impulsar o sangue.

Ilustración dun corazón en movemento cos latexos

Cuarto nivel

Aparellos e sistemas

E o cuarto nivel serían os aparellossistemas: son un conxunto de órganos e de estruturas anexas que traballan conxuntamente para a realización dunha determinada función. Por exemplo, o corazón, o sangue e os vasos sanguíneos forman o aparello circulatorio.

Aparello circulatorio.

Lectura facilitada

Niveis de organización celular

Os niveis de organización nun ser pluricelular son:

    1. Célula

      Célula

    2. Tecido
    3. Órgano
    4. Aparato
    5. Sistema

Un tecido é un conxunto de células que teñen a mesma función

e características similares. Por exemplo, o tecido muscular.

Tecido muscular

Un órgano é un conxunto de tecidos que realiza unha función común.

Por exemplo, o corazón é un órgano; a súa función é mover o sangue polo corpo.

Ilustración dun corazón en movemento cos latexos

Os aparellos e sistemas son grupos de órganos e outras estruturas,

que traballan conxuntamente para realizar unha función. Por exemplo, o aparello respiratorio.

Aparello circulatorio.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)