O reino dos animal é o máis evolucionado.
Características dos animais

Características:
- Divídese en dous grandes grupos: vertebrados e invertebrados.
- Os animais son seres pluricelulares e as súas células son eucariotas.
- A respiración é aeróbica.
- A súa reprodución é sexual.
- Posúen a capacidade de desprazamento con autonomía.
- Aliméntanse doutros seres vivos, polo tanto son heterótrofos.
Clasificación
Existen diversas formas de clasificar os animais:
Segundo a anatomía
Vertebrados: animais que teñen columna vertebral. Por exemplo, o gato.
Invertebrados: non teñen columna vertebral. Por exemplo, a mosca.

Segundo a alimentación
Herbívoros: animais que se alimentan exclusivamente de plantas. Por exemplo, a vaca.
Carnívoros: aliméntanse só doutros animais. Por exemplo, o crocodilo.
Omnívoros: consumen animais e vexetais. Por exemplo, o porco.
Detritívoros: son animais que consumen restos en descomposición procedentes doutros animais ou plantas. Por exemplo, a miñoca.

Segundo a forma de reprodución
Reprodución sexual: implica a intervención de dous proxenitores de sexos diferentes. Por exemplo, o can e a cadela.
Reprodución asexual: un proxenitor produce copias exactas de si mesmo. Por exemplo, algunhas especies de lagartas.

Segundo a forma de nacer
Vivíparos: as crías desenvólvense dentro do corpo da nai. Por exemplo, os gatos.
Ovíparos: as crías nacen de ovos. Por exemplo, as bolboretas.
Ovovivíparos: as crías nacen de ovos, pero, a diferenza dos animais ovíparos, os ovos están dentro do corpo da nai ata o nacemento. Por exemplo, algunhas especies de víboras.
Existen animais que teñen outras formas de reprodución coma, por exemplo, as estrelas de mar, que son capaces de crear unha nova estrela a partir dun fragmento do seu corpo.

Como a forma más habitual de clasificar os animais é tendo en conta a súa anatomía, dedicaremos un pouco máis de tempo aos animais vertebrados e invertebrados.