Xogo A: Curiosidades dos seres vivos
A tarefa consiste en crear un xogo con varios seres vivos no escenario. Cando a persoa que xoga preme nun obxecto do escenario amósase un texto e despois a pregunta "v ou f?", para que esa persoa escriba "v", se cre que a curiosidade é certa, ou "f" se pensa que a curiosidade é falsa.
Pasos:
- Escolle un tema sobre os seres vivos. Pode ser, por exemplo, sobre órganos, células, un reino, os insectos, ou calquera outro.
- Pensa na idade das persoas que utilizarán o xogo e elixe un nivel de dificultade adecuado.
- Revisa a lista de cousas que debe ter ou facer o xogo.
- Crea un guión do xogo ou un diagrama de fluxo.
- Visita o sitio web de Scratch (nova xanela).
- Comeza a programar con Scratch.
- Comproba o xogo.
- Revisa de novo a lista por se falta algo.
- Comparte a túa creación e invita ao resto da clase a xogar.
Necesitas axuda? Mira este vídeo.