O microscopio, un instrumento imprescindible
Como xa sabes, as células son demasiado pequenas para observalas a simple vista, polo que as científicas e científicos utilizan un instrumento imprescindible: o microscopio. Trátase dun aparello que permite ampliar moitas veces a imaxe dun obxecto para velo con precisión. Os microscopios que podes ter no colexio ou na casa son microscopios de luz, ou sexa, que funcionan coa luz que pasa ou se reflicte na mostra, e chega a unhas lentes que forman o ocular, ou a un dispositivo que funciona como unha cámara, que envía a imaxe a unha pantalla ou a un ordenador. Este tipo de microscopios tamén teñen o nome de microscopios ópticos.
Nesta imaxe podes ver as partes dun microscopio de luz, para ver as células hai que mirar a través do ocular.

Se podes usar un microscopio, proba a observar o mundo dos seres vivos e as cousas diminutas, sorprenderache o que descubrirás.
Lectura facilitada
As células son demasiado pequenas para observalas a simple vista,
as científicas e científicos utilizan o microscopio para ver as células.
O microscopio é un aparello que permite ampliar moitas veces
a imaxe dun obxecto para ver como é.
Os microscopios da casa ou do cole son microscopios de luz,
tamén teñen o nome de microscopios ópticos.
Nesta imaxe podes ver as partes dun microscopio de luz,
para ver as células hai que mirar a través do ocular.

Se podes usar un microscopio,
proba a observar o mundo dos seres vivos e as cousas diminutas,
será unha gran sorpresa.