Saltar navegación

Reino dos fungos

 

Glosario

Ecosistema

Imaxe dun ecosistema-Manglar

Definición:

Comunidade de organismos que interactúan e a súa contorna. Os seres vivos interactúan entre si e tamén con elementos non vivos como o chan, a auga e o aire.

Exemplo:

Grandes arrecifes de coral, lagos e lagoas, covas, sabanas e bosques tropicais ou a superficie dun tronco en descomposición son exemplos de ecosistemas.

Fungos: características e clasificación

Características

O reino dos fungos inclúe unha ampla variedade de organismos.

Pictograma que representa un cogomelo
  • A maioría son pluricelulares con células eucariotas. 
  • Son heterótrofos, só se alimentan doutros seres vivos. 
  • Descompoñen materia orgánica morta e outros materiais do seu entorno para obter nutrientes. 
  • Poden ser similares ás plantas pola inmobilidade e a capacidade de medrar no chan.
  • Viven en lugares húmidos.
  • A súa reprodución é asexual por esporas, xemación ou fragmentación.

Este reino desempeña un papel esencial nos ecosistemas. 

Clasificación dos fungos

Unicelulares

Pluricelulares

Lévedos

Mofos

Cogomelos

Fotografía de lévedos ao microscopio

Fotografía de mofo nunhas laranxas

Crecen sobre materia vexetal ou animal.

Fotografías de setas

Feito con eXeLearning (Nova xanela)