Reflexiona e fala co teu equipo

Toca facer unha reunión de equipo e valorar e reflexionar sobre estas cuestións:
- Como foi a investigación e análise da información para a realización das fichas técnicas de ciencias.
- Cales foron as dificultades que atopastes na elaboración dos xogos.
- Na sesión de xogos, como vos foi na explicación dos xogos e botando as partidas?
- Que sensacións percibistes do alumando que asistiu á sesión de xogos.
- Que melloras incorporariades tras analizar os problemas que xurdiron.
Recolle todas as respostas a estas cuestións no teu diario de aprendizaxe.
Lectura facilitada
Recolle no diario de aprendizaxe:
- Dificultades na investigación.
- Dificultades facendo fichas técnicas.
- Problemas facendo os xogos en equipo.
- Sensacións do día da sesión de xogos.
- Melloras que farías.