Cando comezamos este reto, explicamos o que era un diario de aprendizaxe, e o que debes escribir cando cho indique o profesorado. A continuación, preme no diario de aprendizaxe para descargar o teu.
Cando usas o diario estás a desenvolver a túa autonomía ao tempo que reflexionas sobre a forma de aprender.
Lembra que o diario de aprendizaxe non é para avaliar, pero que pode ser revisado polo profesorado para ver como foi o proxecto. Escribe con sinceridade e analiza con franqueza a maneira na que aprendes, xa que che axudará a coñecerte mellor para futuras aprendizaxes.