Rúbrica para avaliar o traballo en equipo| | 4 Excelente | 3 Satisfactorio | 2 Mellorable | 1 Insuficiente |
|---|
| Participación e colaboración | Todas as persoas do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando ás demais. (4) | A maior parte das persoas do equipo participaron activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudando ás demais. (3) | A metade das persoas do equipo participou activamente nas tarefas propostas e colaboraron axudándose entre si. (2) | Só unha persoa do equipo (ou ningunha) participou de xeito activo nas tarefas propostas e non houbo colaboración nin axuda entre elas. (1) |
|---|
| Distribución das tarefas | As tarefas repartíronse de xeito equitativo entre todas as persoas do equipo. (4) | A maior parte das tarefas repartíronse de xeito equitativo entre todas as persoas do equipo. (3) | Só a metade das tarefas se repartiron de xeito equitativo entre todas as persoas do equipo. (2) | Houbo un reparto moi desigual das tarefas entre as diferentes persoas do equipo. (1) |
|---|
| Integración entre os membros do equipo | Durante a realización de todas as tarefas, as persoas do equipo expresaron libremente as súas opinións e puntos de vista, escoitaron as opinións dos demais e foron quen de chegar a un consenso. (4) | Durante a realización da maior parte das tarefas, as persoas do equipo expresaron as súas opinións con liberdade, escoitaron aos demais e foron quen de chegar a un consenso. (3) | Durante a realización das tarefas, só a metade das persoas do equipo expresaron libremente as súas opinións, escoitaron as das demais e lograron poñerse de acordo. (2) | Durante a realización das tarefas, só unha persoa do equipo expresou a súa opinión, non houbo diálogo e rematouse impoñendo a opinión dunha soa persoa. (1) |
|---|
| Asunción de funcións e responsabilidades | Todas as persoas do equipo exerceron moi ben as súas funcións e cumpriron á perfección as súas responsabilidades. (4) | A maior parte das persoas do equipo exerceron as súas funcións e cumpriron cas súas responsabilidades. (3) | Só a metade das persoas do equipo exerceron ben as súas funcións e cumpriron coas súas responsabilidades. (2) | Só unha persoa do equipo (ou ningunha) exerceu ben as súas funcións e cumpriu coas súas responsabilidades. (1) |
|---|
CEDEC. Rúbrica para avaliar o traballo en equipo (CC BY-SA)
- Actividade
- Nome
- Data
- Puntuación
- Notas
- Reiniciar
- Imprimir
- Aplicar
- Nova xanela