Saltar navegación

5.2. Que aprendín?

Rúbrica

Rúbrica para avaliar o proceso individual de aprendizaxe
 4 Excelente3 Satisfactorio2 Mellorable1 Insuficiente
Comprensión do contidoTeño un entendemento profundo dos seres vivos, células, animais e plantas. Podo explicar conceptos con claridade. (4)Teño un bo entendemento dos contidos. Podo explicar a maioría dos conceptos, pero con algunhas dúbidas. (3)Entendo algúns conceptos, pero teño confusións ou lagoas no coñecemento dos contidos. (2)Non comprendín os contidos. Non podo explicar conceptos aos demais. (1)
Proceso creativoSon quen de reflexionar sobre o proceso de creación do xogo e pode describir claramente as decisións tomadas no grupo antes de chegar ao produto final. (4)Son capaz de reflexionar sobre o proceso, pero non en profundidade. Podo mencionar algunhas das decisión tomadas durante o proceso. (3)Podo reflexionar de xeito limitado sobre o proceso. Podo mencionar poucas das decisións tomadas e sen afondar moito nelas. (2)Non podo facer unha reflexión sobre o proceso, (1)
HabilidadesIdentifico habilidades específicas desenvolvidas durante o proceso (creatividade, comunicación, organización...) (4)Menciono algunhas das habilidades desenvolvidas, pero sen especificar moito. (3)Recoñezo algunhas habilidades, aínda que non son moi claras. (2)Non identifico as habilidades desenvolvidas. (1)
Reflexión finalPodo reflexionar profundamente sobre o que aprendín e como podo aplicalo no futuro. (4)Reflexiono axeitadamente, pero podería ser máis detallada ou persoal. (3)Reflexiono de xeito superficial. Podo mencionar pouco sobre o aprendido e a súa futura aplicación. (2)Non fago unha reflexión final sobre a aprendizaxe. (1)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica para avaliar o proceso individual de aprendizaxe (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)