Saltar navegación

Xogo B

Xogo B: O xogo dos seres vivos

Esta tarefa consiste na creación dun xogo con varios seres vivos no escenario, para escoller segundo as instrucións do xogo. A persoa que xogue debe premer nos seres vivos que cumpran unha condición, por exemplo: plantas, animais, fungos, moluscos e outras categorías. Se a selección é correcta, escóitase unha música de "correcto" e o ser vivo desaparece do escenario. Se a selección é incorrecta, reprodúcese un son para indicar que foi mal. Cando remata o xogo aparece unha mensaxe final.

Pasos:

  1. Escolle un tema sobre os reinos dos seres vivos. Pode ser, por exemplo, fungos, moluscos, insectos ou calquera outro.
  2. Pensa na idade das persoas que utilizarán o xogo e elixe un nivel de dificultade adecuado.
  3. Revisa a lista de cousas que debe ter ou facer o xogo.
  4. Crea un guión do xogo ou un diagrama de fluxo.
  5. Visita o sitio web de Scratch (nova xanela).
  6. Pon os seres vivos no escenario e comeza a programar con Scratch.
  7. Comproba o xogo.
  8. Revisa de novo a lista por se falta algo.
  9. Comparte a túa creación e convida ao resto da clase a xogar.

Para entender mellor a forma de crear o xogo, mira este vídeo.

Revisa o xogo con esta lista de control

Lista de control. Comprobación do xogo:

Non sabes que bloques necesitas no xogo?

Imaxe cos bloques de Scratch necesarios para programar o xogo

Mellorar o xogo

Atréveste a engadir cousas máis avanzadas ao xogo? Por exemplo:

  • Con máis seres vivos no escenario.
  • Con movemento, fai que os personaxes se movan sen parar polo escenario.
  • O que imaxines!

Feito con eXeLearning (Nova xanela)