O reino vexetal agrupa aos seres vivos que, na súa maior parte, realizan a fotosíntese.
Características das plantas
- Son seres pluricelulares con células eucariotas.
- Fabrican o seu alimento a través de materia inerte e enerxía.
- Obteñen a enerxía utilizando a luz do sol captada a través da clorofila.
- A clorofila está presente nos cloroplastos.
- Ca clorofila realizan a fotosíntese, e converten o CO2, a auga e as sustancias inorgánicas en materia orgánica.
- A súa reprodución é sexual.
- Non se desprazan.
- Viven en diferentes hábitats.
|
Clasificación das plantas
|
|
Plantas sen flores
|
Plantas con flores
|
|
Musgos
|
Fentos
|
Ximnospermas
|
Anxiospermas
|
|
Teñen tecidos, pero non raíz, follas nin flores. Reprodúcense por esporas.
Exemplo: musgo común

|
Teñen raíz, talo, follas e vasos condutores.
Reprodúcense por esporas.
Exemplos: fento común, cola de cabalo

|
Non teñen froito, por iso as sementes non se atopan recubertas.
Exemplos: piñeiro, teixo, ciprés

|
Este tipo de plantas teñen froito e as sementes atópanse no seu interior.
Exemplos: eucalipto, laranxeira, camelia

|
Características das plantas:
- Están formadas por moitas células.
- As células son eucariotas.
- Fabrican o seu propio alimento.
- Non se desprazan.
- Viven en diferentes hábitats.
Poden ser de dous grupos: plantas sen flores e plantas con flores.
As plantas sen flores están formadas por musgos e fentos.
Musgos:
- Teñen tecidos.
- Non teñen raíz, follas, nin flores.
- Reprodúcense por esporas.
Exemplo: musgo común.
Fentos:
- Teñen raíz, talo, follas e vasos condutores.
- Reprodúcense por esporas.
Exemplo: fento común.
As plantas con flores poden ser ximnospermas ou anxiospermas.
Ximnospermas:
- Non teñen froitos.
- As sementes non se atopan recubertas.
Exemplo: piñeiro.
Anxiospermas:
- Teñen froitos.
- As sementes atópanse no interior dos froitos.
Exemplo: eucalipto.