Saltar navegación

2.2. Os equipos

Como traballaremos?

Imaxe dun sobre e tarxetas de cores

Precisamos facer catro equipos, e para iso utilizaremos un xogo para crealos.

Farémolo cunha baralla de cartas de catro cores, numeradas do 1 ao 6. Agocharemos pola clase 24 sobres, e dentro haberá unha desas cartas. Tes que atopar só un sobre, e cando todas e todos o teñades collido, abrirédelo á vez. Terás que xuntarte coas persoas que teñan a cartolina da mesma cor. Así, todas as cartas vermellas formarán un equipo, as azuis outro, e o mesmo coas moradas e as verdes.

Se premes na seguinte ligazón podes descargar as tarxetas para a formación de equipos en formato PDF (nova xanela)

Documento coas tarxetas en formato editable (ODG)

Feito con eXeLearning (Nova xanela)