Saltar navegación

1.2. O reto

Que tes que facer?

Precisamos que investigadores expertos e expertas elaboren uns divertidos xogos para a biblioteca.

Terán que ser xogos de mesa de ciencias, sobre os seres vivos, porque ao alumando que vai á biblioteca encántalle aprender cousas sobre os animais e as plantas. Tamén tes que crear xogos para o ordenador ou a tableta.

A biblioteca non ten ningún xogo de mesa de ciencias. Grazas á túa colaboración teremos varios xogos para compartir con todas as persoas do centro.

Tamén debemos organizar unha xornada especial para ensinar aos outros cursos os nosos xogos.

Pictograma que representa a unha nena que ten unha ideaPictograma que representa a un neno que ten unha idea

Lectura facilitada

Debes crear, xunto co teu equipo, un xogo de mesa para a biblioteca,

o tema do xogo son os seres vivos.

Tamén tes que facer xogos para o ordenador ou tableta.

Poderás compartir os xogos co alumnado do centro.

Ao final organizaremos una xornada especial

para ensinar todos os xogos á rapazada doutros cursos.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)