Os virus
Pensa un pouco nas súas características.
Onde os clasificarías?
Atende a este dato que é moi curioso.
Os virus non aparecen incluídos en ningún reino dos que engloban os seres vivos.
Non se nutren nin se relacionan.
Para facer unha copia deles mesmos necesitan a intervención dunha célula.
Daquela, non hai consenso de que os virus sexan seres vivos.