Diario de aprendizaxe

Antes de empezar, se non sabes o que é un diario de aprendizaxe, le as explicacións sobre o uso do diario.
Busca no teu diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á fase 1 e completa todos os apartados.
Na reflexión dedica uns minutos a pensar e non escribas calquera cousa só por rematar pronto!!!
Accede ao apartado sobre o diario de aprendizaxe para descargalo.
Como usamos o diario de aprendizaxe?
O diario de aprendizaxe é un documento de reflexión onde irás recollendo o teu propio progreso neste proxecto, polo que é individual. Con todo, contén algúns apartados para facer individualmente e outros en colaboración co teu grupo, polo que cada quen debe poñer o resultado do traballo en equipo no seu respectivo diario.
Deberás cubrir este diario de aprendizaxe a medida que cho indique a persoa docente así como as instrucións que irás lendo, segundo avances na túa aprendizaxe. Será de axuda para autoavaliarte, compartir información coas túas compañeiras e os teus compañeiros de grupo e acadar o reto proposto.
Lectura facilitada
Durante o proxecto tes que escribir no diario de aprendizaxe.
O diario de aprendizaxe é un documento de reflexión,
onde irás poñendo o que fas, e como van saíndo as cousas.
Busca no teu diario de aprendizaxe a páxina que corresponde á fase 1
e completa todos os apartados.
Na reflexión pensa no traballo que fixeches.
Deberás cubrir o diario de aprendizaxe cando cho indique a persoa docente,
Servirache de axuda para saber se están saíndo ben as cousas,
podes falar coas túas compañeiras e os teus compañeiros de grupo,
e poñervos de acordo no que escribides.
Accede ao apartado sobre o diario de aprendizaxe para descargalo.