| Título |
A natureza en xogo |
|---|---|
| Descrición | Este REA propón a organización dun obradoiro por equipos para a construción de xogos de mesa elaborados polo alumnado sobre contidos da área de Ciencias da Natureza de 5º de E. Primaria, relacionados coa clasificación e organización dos seres vivos. Ao longo do REA o alumnado recompilará datos para crear fichas técnicas para o xogo. |
| Persoas elaboradoras |
María Jesús Pazos Mosquera Beatriz Permuy Martínez Lidia Rodríguez Ruiz |
| Organización | Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Xunta de Galicia. |
| Licenza | Licenza Creative Commons Recoñecemento Non comercial Compartir igual 4.0 |
| Identificación | "A natureza en xogo"; ISSN (web): 3101-0040 |
Este contido foi creado con eXeLearning, o editor libre e de fonte aberta deseñado para crear recursos educativos.
