Saltar navegación

4.2. Practicamos

Chegou o momento de prepararse

dúas persoas sentadas nunha biblioteca

Unha vez tomadas as decisións, é momento de practicar cos nosos xogos.

Guión

O primeiro será ter claro que tedes que explicar para que se entenda o xogo.

Esta tarefa tela explicada en actividades individuais desta mesma fase.

Agrupamentos

Idea: explica o xogo a outro equipo.

Organizádevos para que todas as persoas que o integredes expliquedes, polo menos, un dos xogos do voso equipo.

É importante que pasedes por esta tarefa todas as persoas que compoñades o equipo e que vos vexades nese papel.

Avaliación do equipo

O resto do equipo pode recoller unhas propostas de mellora de cada exposición de cada integrante do seu equipo.

Despois, podedes compartir impresións e perfeccionar a explicación do xogo que vos tocou a cada membro do equipo.

Ensaio persoal

É importante que agora saibas explicar ben o xogo que che toca antes do gran día do taller de xogos.

Repasa ben o teu guión cos consellos que recibiches do teu equipo cando practicaches.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)