Uso global de Internet

Infografía sobre a situación de Internet no mundo

  Imaxe de elaboración propia (CC BY-NC 4.0) Datos: ITU

Para achegarnos á situación global das persoas usuarias de Internet, Ligamundos ofrécenos esta infografía onde se representan algunhas das principais magnitudes do fenómeno das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) no mundo actual.

No gráfico podemos observar o enorme impacto que ten Internet a nivel global e as enormes desigualdades que existen na súa distribución.

  • Debemos ter en conta que a conexión de banda larga ou de alta velocidade é a que ofrece a mellor calidade para acceder a Internet fronte a outras alternativas máis lentas. Un maior largo de banda, por exemplo, permítenos acceder a contidos multimedia.
  • Os accesos de banda larga fixa requiren unha conexión por medio dun cable até o terminal do usuario, polo que a localización do usuario é relativamente fixa. Este é o caso da maioría de servizos de banda larga domésticos.
  • O acceso mediante móbil permite unha mobilidade practicamente plena ao usuario. A telefonía de última xeración veu introducindo importantes melloras en canto á xestión das conexións de datos e a eficiencia na transmisión, o cal redunda en redes móbiles con alta capacidade para a descarga de datos e con menores custos de operación e mantemento.
Que sabemos?

Tomando como referencia os datos globais que acabamos de ver tentaremos dar resposta as seguintes cuestións:


Podemos afirmar que Internet é unha ferramenta universal?

    

Non, debido á súa escasa implantación nos fogares dos países máis desenvolvidos.

Si, é unha ferramenta universal porque podemos acceder desde distintos tipos de dispositivos (móbil, ordenador, tablet...).

Non, dado que non está dispoñible para a maioría da poboación mundial.

Ningunha das respostas anteriores é correcta.


Podemos dicir que, a nivel mundial, o acceso existente a Internet é de moita calidade?

    

Si, dado que existe unha grande implantación das conexións de banda larga.

Non, dado que a maioría das conexións existentes non son de banda larga.

Si, debido a que se está ampliando mundialmente o largo de banda.

Todas as respostas anteriores son incorrectas.


Cal pode ser o motivo de que existan máis conexións de banda larga móbiles que fixas?

    

A alta implantación da telefonía móbil a nivel mundial.

A rede móbil chega a lugares onde a fixa non chega.

Os países menos desenvolvidos teñen pouca dispoñibilidade de redes fixas de alta velocidade.

Todas as respostas anteriores son correctas.


Que relevancia ten o feito de que a maioría dos individuos e fogares con acceso a Internet estean nos países máis desenvolvidos?

    

Que os países menos desenvolvidos fican atrás para acceder á denominada Sociedade do Coñecemento.

Que os países menos desenvolvidos non poden aproveitar o enorme potencial de Internet para mellorar a súa calidade de vida.

Que os países máis desenvolvidos toman novas vantaxes que poden profundizar a desigualdade existente.

Todas as respostas anteriores son correctas.


Licenciado baixo a GNU Free Documentation License