Memoria final
Damos forma á memoria final
A memoria dun proxecto é un informe no que se recolle toda a documentación elaborada durante a realización do mesmo.
Neste apartado propoñémonos recoller nun documento, elaborado cun procesador de textos, as principais decisións técnicas e creativas adoptadas na realización do proxecto piloto Ligamundos. Para a súa realización aproveitaremos os documentos elaborados durante a fase deseño.
Para elaborar a memoria final completamos a seguinte información:
- Localización do noso proxecto piloto Ligamundos.
- Descrición xeral da solución elexida concretando:
- Solución técnica de conexión a Internet.
- Deseño e nome do espazo comunitario de acceso a Internet.
- Outros servizos que ofrecerá o espazo á comunidade.
Para rematar, gardamos o documento resultante no cartafol do proxecto.
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License