Internet no mundo
Pero, por onde comezamos?
Para entrar en materia e prepararnos para o traballo en equipo é necesario que primeiro fagamos unha aproximación ao estado da cuestión. Nos seguintes apartados veremos cal é a situación de Internet no mundo actual, cales son os problemas que atopa no seu desenvolvemento e cales poden ser as posibles solucións técnicas.
- En cada apartado desta sección hai contidos para analizar (textos, imaxes ou multimedia) que nos servirán posteriormente nas distintas etapas do proxecto técnico que temos que desenvolver.
- Respostaremos ás preguntas ao final de cada apartado para avaliarmos o que aprendemos.
- Consultaremos o Glosario de Ligamundos e outros dicionarios e enciclopedias en liña para ampliarmos os nosos coñecementos sobre os conceptos que consideremos importantes.
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License