Solucións de acceso á Rede
A continuación, Ligamundos ofrécenos unha "Guía de solucións de acceso a Internet" para achegarnos ás distintas modalidades tecnolóxicas.
Na galería de abaixo podemos ver algúns exemplos onde se aplican as distintas solucións técnicas. Leamos o texto ao pé de cada imaxe para completar a explicación.
Solucións para todas as situacións
Os satélites de comunicacións permiten ampliar a cobertura de telecomunicacións a calquera lugar do planeta. Imaxe en Wiki Commons, USAF, de Dominio público.
Nos lugares máis remotos apenas podemos acceder mediante unha conexión vía satélite. Esta modalidade require a instalación dunha antena parabólica para conectar co satélite. Foto en Flickr, Didrik Johnck (CC BY-NC-SA 2.0).
Este telecentro, situado no interior de Sri Lanka, dispón dun acceso de banda larga vía satélite. A comunicación realízase mediante un módem bidireccional, capaz de recibir e enviar datos vía satélite. Na modalidade unidireccional só poderíamos recibir datos vía satélite e necesitaríamos unha conexión terrestre (telefónica ou por cabo) para enviar datos ao ISP. [Foto en Flickr, jaliyaj (CC BY 2.0)]
As torres de telecomunicacións serven como punto de acceso ás redes de telefonía e Internet. Foto en Flickr, Tom Blackwell. (CC BY-NC 2.0).
As solucións sen fíos permiten que dispoñamos de conexión nunha área próxima a un punto de acceso a Internet. A tecnoloxía WI-FI está pensada para cubrir até 20 metros no interior das vivendas e algo máis no exterior. Foto en Flickr, Wirawat Lian-udom (CC BY-NC-SA 2.0).
Mediante antenas direccionais é posible crear redes WI-FI de larga distancia que permiten ampliar, a baixo custo, a cobertura de acceso a Internet. Esta aldea de Uganda dispón dunha solución deste tipo. Foto en Flickr, Michaelischool (CC BY-NC-SA 2.0).
A tecnoloxía Wimax permite ofrecer localmente servizos de banda larga nun radio de até 50 km do punto de acceso. A veciñanza dun pobo da India instala unha antena Wimax no alto dunha vivenda. Foto en Flickr de Buddhima W.Wickramasinghe (CC BY-NC-SA 2.0).
Aquí podemos ver unha antena Wimax nunha vivenda de Lituania. O punto de acceso é unha torre de telecomunicacións situada a 26 km de distancia. Foto en Wikimedia Commons (CC BY-SA 2.5).
A telefonía de última xeración permite acceder a Internet de banda larga desde distintos dispositivos. É por iso que as infraestruturas de telefonía están a cobrar moita importancia na extensión de Internet polo mundo. Foto en Flickr, monkeyc.net, (CC BY-NC-SA 2.0)
A conexión móbil require en ocasións o uso dun módem USB. Na foto, un paisano de Malí conecta o seu equipo portátil mediante esta modalidade. Foto en Flickr, Toujours Passages (CC BY 2.0).
Alí onde existe unha rede fixa de telefonía convencional podemos acceder a Internet con menores prestacións que mediante a banda larga. Na imaxe un tipo de cable de pares trenzados dos utilizados nos servizos básicos de telefonía ou para conectar dispositivos entre si, como é o caso do tramo que vai dun módem de cable até un ordenador. Foto en Flickr, Justin (CC BY 2.0)
O cable módem é unha solución doméstica de calidade nos lugares que dispoñen dunha rede de cable coaxial. Aquí podemos ver o conector e o módem específico desta modalidade de acceso. Foto en Flickr, Tom. (CC BY 2.0)
O custo da fibra óptica é o principal impedimento para a súa extensión. Na foto vemos a instalación de cable de fibra óptica en Nova York. Foto en Wikimedia Commons, Shuli Hallak. (CC BY-SA 3.0)
Os paneis solares son unha solución para alimentar todo tipo de dispositivos, sobre todo alí onde non chegan as redes de enerxía eléctrica. Na foto podemos ver unha potente antena de Wifi que se alimenta deste xeito. Foto en Wiki Commons, GTR PUCP, (CC BY-SA 3.0)
Queremos dispoñibilizar Internet nun lugar moi afastado de calquera punto de acceso á Rede, onde tampouco chega a rede eléctrica.
A única solución posible é vía satélite, usando fontes de enerxía alternativas.
O mellor é facer chegar a fibra óptica, usando paneis solares como fonte de enerxía.
Podemos usar unha conexión sen fíos tipo Wimax, usando potentes baterías de litio para a alimentación eléctrica.
Queremos acceder a Internet desde distintos lugares que se atopan a menos de 50 kilómetros dun único punto de acceso principal.
Debemos usar unha conexión de banda larga móbil.
Se a orografía da zona nolo permite usaremos conexións sen fíos con tecnoloxía Wimax.
A mellor opción é o ADSL.
Queremos dispoñer dunha conexión a Internet itinerante nun territorio extenso, moi afastado de calquera punto de acceso a Internet.
Usaremos unha conexión sen fíos con tecnoloxía WI-FI.
Usaremos un móbil 3 de terceira xeración.
Usaremos unha conexión a Internet vía satélite de tipo bidireccional.
Queremos usar Internet a baixo custo desde distintas ubicacións nun lugar que apenas conta cun punto de acceso a menos de 1000 metros de distancia.
Usaremos unha conexión vía satélite.
Usaremos unha conexión sen fíos con tecnoloxía WI-FI de larga distancia.
Utilizaremos unha conexión móbil de terceira xeración.
Temos que conectarnos a Internet con banda larga desde distintos lugares nunha zona moi poboada que dispón de rede telefónica convencional.
Melloraremos as liñas existentes instalando un cableado coaxial ou de fibra óptica, tendo en conta o elevado custo desta solución.
Se existe cobertura de telefonía móbil podemos conectarnos a Internet mediante dispositivos de última xeración (3G ou 4G) que nos permiten un acceso en mobilidade e de alta velocidade.
Dado que a rede convencional non permite unha conexión de alta velocidade, debemos valorar as dúas solucións anteriores e escoller en función do orzamento do que dispoñamos e do uso que lle vaiamos dar a Internet.
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License
