Groenlandia
Pequena localidade costeira (Groenlandia)
|
|
| Foto en Flickr de Ludovic Hirlimann baixo CC BY-NC 2.0 |
Groenlandia é unha das illas mais grandes do mundo. O 80% do seu territorio está cuberto de xeo, polo que é un país que se ve moi afectado polos problemas ambientais derivados do quecemento global e o desxeo.
Ittoqqortoormit é unha localidade de Groenlandia duns 600 habitantes que queda incomunicada durante moitos meses no inverno. A maioría dos seus habitantes pertencen a etnia Inuit. É un dos pobos mais alonxados de Groenlandia, apenas accesible por helicóptero ou por barco durante uns poucos meses ao ano. Durante os 9 meses máis fríos o mar conxélase. Ittoqqortoormit está situada no sistema de fiordo máis longo e grande do mundo, facendo que a paisaxe sexa impresionante. Tamén está situada na contorna do Parque Nacional do Noreste de Groenlandia.
Situación de partida:
Ittoqqortoormit conta cunha rede eléctrica estable durante todo o ano e con cobertura para a telefonía mobil vía satélite. Existe unha escola con primaria e secundaria e un centro médico. Tamén conta cunha estación de investigación científica.
Tradicionalmente os habitantes desta rexión vivían do sector primario pero cada vez toma máis forza o turismo de natureza, o problema é que son empresas foráneas as que se benefician do sector turístico da rexión.
Programa Ligamundos: proxecto piloto Groenlandia.
O Programa Ligamundos pretende desenvolver un dos seus proxectos piloto nesta vila. O proxecto piloto consistirá en facilitar un acceso estable a Internet durante todo o ano nun espazo social comunitario. Este espazo ademais servirá de centro de desenvolvemento turístico da rexión dende o cal os propios habitantes da vila poidan organizar e ofertar servizos turísticos pola zona.
Tendo en conta que durante moitos meses do ano os habitantes da vila quedan illados, o centro ofertará un programa de actividades para a comunidade que faga máis levadeiro o paso do inverno. Ademais contará cun espazo-biblioteca destinado á comunidade escolar, persoal sanitario e científico e en xeral a todos habitantes da vila.
A partir desta información comeza a investigación proxecto piloto. Pasamos á fase de exploración.
Viaxamos cara a Groenlandia.
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License
