Prototipado

Deseñamos o prototipo

Que aspecto terá o telecentro? Que nome vai levar?

Vaiamos pasiño a pasiño:

Paso 1 Deixámonos levar pola nosa creatividade.

  • Cada un de nós vai imaxinar e deseñar como sería ese espazo comunitario de acceso a Internet axeitado á comunidade onde se vai a realizar o proxecto. Este deseño  plasmarase nun bosquexo en 3D que pode ser realizado manualmente ou ben utilizando un programa de deseño gráfico.
  • Para realizar o deseño teremos en conta os requisitos técnicos, a xeografía, o clima, a forma de vida da comunidade, o tipo de construción na zona, a cultura, é dicir, moita da información recollida na fase de exploración. Toda esta información pode servir para inspirarnos e ser orixinais no deseño a realizar.
  • Tamén podemos procurar na Rede modelos e información que enriquezan o noso deseño.
  • Así que agora imos deixar voar a nosa imaxinación e creatividade para plasmar as nosas ideas nun ou varios deseños por persoa.

 

Paso 2Compartimos os deseños, co seu nome provisional, no Cartafol do Proxecto do noso grupo e inserímolos no documento de Deseño do prototipo (apartado 1).

  • Se o deseño está realizado nun programa de deseño gráfico inserimos directamente o resultado no documento compartido.
  • Se o deseño se fixo manualmente temos que dixitalizar o resultado utilizando un escáner ou unha cámara dixital.

 

Paso 3Agora trátase de valorarmos todos os deseños e decidir cal nos parece a solución máis interesante para desenvolver o noso proxecto.  

  • Decidimos entre todos o nome definitivo para o noso espazo comunitario de acceso a Internet.
  • Escollemos a proposta que recolla mellor os requisitos técnicos de partida.
  • A solución pode ser un deseño que teña en conta as mellores ideas plasmadas en varios dos prototipos. Neste caso podemos crear un deseño definitivo despois de realizar as modificaciós encamiñadas a mellorar a proposta inicial.
  • Para debater as diferentes ideas e facer valoracións podemos facer uso dun Foro de discusión.

 

Paso 4Unha vez decidido o nome e o deseño definitivos, incluiremos esta información e describiremos os aspectos máis relevantes para a explicación da imaxe.

  • Con esta información completaremos os apartados 2 e 3 do documento de Deseño do Prototipo.

 

Elementos do documento de Deseño do prototipo


  1. Os nosos deseños: inserimos e compartimos as imaxes dos diferentes deseños xunto co seu nome.
  2. Inserimos a imaxe do deseño definitivo xunto co seu nome.
  3. Describimos os aspectos que consideramos relevantes para a explicación da imaxe:
Axuda de Ligamundos

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License