Axuda

Esta sección pode resolvernos algunhas dúbidas sobre os procedementos de traballo. Desde aquí tamén podemos acceder a distintos titoriais que poden axudarnos.
Procedemento de traballo en grupo:
- Organizámonos en grupos de 3 a 5 membros.
- Escollemos un caso de estudo.
- Creamos un cartafol de proxecto co nome do caso escollido.
- Compartimos documentos (textos, imaxes, videos, audios...) no cartafol de proxecto.
- Reunidos en grupo discutimos todos os aspectos de cada fase do proxecto. Para comunicarnos tamén podemos usar o correo electrónico ou un foro de discusión.
- Organizamos e repartimos as tarefas a realizar en cada fase.
- Tomamos as decisións entre todos os membros do grupo, votando cando sexa preciso.
- Avaliamos a experiencia de traballo en grupo ao remate do proxecto.
Procedemento a seguir cos documentos de traballo:
- Abrimos un documento novo no procesador de textos.
- Copiamos e colamos o modelo cos elementos do documento de traballo que figuran en cada fase.
- Inserimos o texto, as imaxes e os outros elementos ata completar o documento de traballo.
- Poñémoslle o título da fase na que estamos traballando (Cultura, Solución Técnica...).
- Subimos o documento ao Cartafol de Proxecto do noso grupo.
Titoriais:
- Como creamos un documento con Writer (Libre Office). Titorial PDF.
- Como creamos un cartafol compartido en Google Drive. Titorial PDF.
- Como exportar un documento a PDF. Videotitorial.
- Como inserir unha imaxe nun documento. Videotitorial.
- Como facemos unha presentación con Impress. Titorial web.
- Como usamos o programa de retoque fotográfico GIMP. Titorial web.
- Navegar por Internet (introdución á navegación, buscar e acceder á información, capturar texto, imaxes e pantallas...).
- Titorial de busca avanzada con Google. Titorial PDF.
- Titorial de uso de Google Maps. Titorial PDF.
- Tratamento de arquivos de audio. Titorial PDF.
Na área de recursos TIC dispoñemos dun esquema onde figuran as ferramentas indicadas para cada fase do Proxecto.
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License