Área xeográfica
Para comezar coa exploración, determinaremos a ubicación e as principais características xeográficas do lugar onde se desenvolverá o noso proxecto. Traballaremos cun documento de texto compartido onde copiaremos e colaremos as cuestións recollidas no modelo área xeográfica, investigaremos na Rede e completaremos o documento traballando en equipo e gardando a información no cartafol do Proxecto.
Onde está situado? En qué país? Como é o relevo? Como é a paisaxe? E as condicións climáticas? ...
Para respostar todas estas preguntas exploraremos a Web, investigaremos mapas, documentos, imaxes, vídeos…
|
Elementos do modelo de Área Xeográfica |
|
|
- Para atopar as fontes de información xeral que precisamos usaremos os motores de busca, metabuscadores e os directorios de páxinas web (completamos as preguntas de 1 a 7 do modelo área xeográfica).
- Para buscar datos concretos podemos facer unha busca avanzada, analizando a información que nos proporcionan as enciclopedias en liña como Wikipedia, Larousse ou a Enciclopedia británica. Convén contrastar e actualizar sempre os datos consultando varios recursos.
- Para localizar a área do proxecto e atoparmos os mapas que ilustran os aspectos xeográficos utilizaremos recursos como Google Maps ou OpenStreetMaps.. Tras explorar a localización coas ferramentas de cartografía dixital realizaremos unha captura de imaxe en pantalla (8 e 9).
- Podemos utilizar un programa de localización xeográfica en 3D (como Google Earth) para viaxar dende o lugar onde nos atopamos agora ata o lugar do proxecto, observando con maior detalle a orografía da zona de desenvolvemento do proxecto.
- Exploramos en Internet a información descritiva e a copiamos e colamos (10).
- Procuramos na rede imaxes sobre o lugar de localización do noso proxecto (11).
- Investigamos e analizamos a información que atopamos na Rede (12).
- Buscamos datos concretos sobre a climatoloxía en fontes de información especializada. Para atopar os datos podemos acceder ás axencias de meteoroloxía local. Para buscar os gráficos podemos consultar unha páxina cos datos mundiais (13 e 14).
- Recollemos as conclusións completando o modelo de Área xeográfica e subímolas ao Cartafol de Proxecto do noso grupo.
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License