Mongolia

Comunidade nómade (Mongolia)

Rapazada en Mongolia

Fotografía en Flickr de Luciano baixo CC BY 2.0

Mongolia é un país que conta cunha elevada porcentaxe de poboación adicada ao pastoreo e que vive de forma nómade ou seminómade.

O Programa Ligamundos quere desenvolver un dos seus proxectos piloto nunha comunidade de pastores nómades no deserto de Gobi.

Os pastores nómades viven en Gers ou yurtas, un tipo de vivenda tradicional que pode ser transportada dun lugar a outro. Moitas destas vivendas ata hai pouco non tiñan acceso á electricidade.

Situación de partida:

No ano 2012 o Banco Mundial desenvolveu o Proxecto Gers Solares en Mongolia co fin de instalar 100.000 “gers solares”, destinados a sumnistrar electricidade limpa e barata aos pastores nómades grazas á utilización da enerxía solar. Podemos ampliar a información consultando o seu sitio Web. Grazas a este programa a electricidade chegou ás vivendas dos pastores e con ela tamén a telefonía móbil.

Sanidade e educación:

O acceso á educación e a saúde é complicado para os pastores nómades. Normalmente teñen que percorrer grandes distancias para acceder á escola ou ao dispensario médico mais próximo. Debido a esto hai unha elevada tasa de abandono escolar e organizacións como a ONU desenvolven proxectos educativos como as Escolas Infantís Nómadas.

Programa Ligamundos. Proxecto piloto Mongolia:

O proxecto piloto nesta rexión consistirá en facilitar o acceso a Internet a unha comunidade de pastores nómades na área do  deserto de Gobi, deseñando un espazo social comunitario con acceso a Internet que poida servir de apoio para mellorar os servizos de educación e saúde para esta comunidade.

A partir desta información comezaremos a investigar. Pasamos á fase de exploración.

 

 

Viaxamos cara a Mongolia.

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License