Avaliación da experiencia

Reflexión final

Despois de presentar o noso proxecto técnico é hora de avaliar a nosa experiencia individual e como grupo de traballo. Trátase de poñer por escrito, moi brevemente, as cousas máis interesantes que aprendemos durante a elaboración do proxecto e aqueles aspectos do traballo que nos gustaron máis. Tamén debemos valorar o que nos aportou o traballo e as solucións escollidas polos outros grupos que abordaron proxectos diferentes ao noso.

Esta última actividade é moi importante para o desenvolvemento futuro do Programa Ligamundos pois vai servir para sinalar as súas fortalezas e debilidades, axudando a corrixir erros e anovar a aposta pola metodoloxía empregada nos casos de éxito.

 

Licenciado baixo a GNU Free Documentation License