Cultura
Neste último apartado da fase de exploración investigaremos os principais rasgos culturais e a actualidade da poboación á que vai dirixido o proxecto.
Traballaremos co documento de texto compartido onde copiaremos e colaremos as cuestións recollidas no modelo de cultura, investigaremos na Rede e completaremos o documento traballando en equipo e gardando a información no cartafol do Proxecto.
Como falan? Como son as súas vivendas? Como é a súa música e danza?
|
Elementos do modelo de Cultura |
|
|
- Exploraremos en Internet datos concretos e información descritiva sobre os aspectos culturais máis relevantes. (pasos 1, 2, 3 e 5 do modelo cultura)
- Procuramos na rede imaxes, vídeos e sons para ilustrar os aspectos culturais que tratamos. Para atopar arquivos de son podemos consultar os bancos de son recollidos na sección de Recursos TIC (4).
- Existen páxinas específicas para acceder ás noticias de prensa da zona. Podemos consultar medios de prensa dixital, radio ou televisión en Internet (6).
- Recollemos as conclusións completando o modelo de Cultura e subímolas ao Cartafol de Proxecto do noso grupo.
Licenciado baixo a GNU Free Documentation License